30.4.15

Celebración do día internacional contra a discriminación racial

Durante a semana do 28 ao 30 realizamos no IES Perdouro unhas charlas a cargo da consellería de servizos sociais, muller, igualdade e sanidade do concello de Burela. A ponente que fixo a actividade cos grupos de 4º da ESO foi a técnico do concello de Burela, Conchi Pernas Díaz.Previamente os alumnos da ESO, leran un libro relacionado co tema “unha habitación en babel”. O libro aborda o tema da inmigración ilegal, e é unha novela coral con moitas personaxes que se ven afectadas dalgún modo polo fenómeno social da inmigración. Existen actitudes positivas e negativas tanto por parte dos emigrantes como por parte da sociedade de acollida. Está ambientado en Sevilla e na localidade de Tarifa onde chegan os barcos cargados de inmigrantes de xeito ilegal. Un dos protagonistas fai o percorrido dende Guinea ata Europa.
Na charla que conduciu a técnico do concello, plantexou unha serie de cuestións. A diferencia entre interculturalidad e multiculturalidade.
Os motivos que leva a unha persona dun pais en desenvolvemento a decidir emigrar as sociedades occidentais.
Desmontou algúns tópicos relacionados coa situación da emigración, a maior porcentaxe de inmigrantes accede ao noso pais dun xeito legal. Os países de orixe, soen perder as personas mais aptas dentro do seu capital humano no proceso de emigración. Viaxan ata os paises desenvolvidos para formarse, tentar mellorar e promocionar nas oportunidades de emprego  e para manter a unidade familiar que teñen na súa nación.
Comentou tamén algúns fundamentos legais que contradicen as crenzas sen fundamento do efecto chamada. A xente confunde realmente o que é unha reagrupación familiar co efecto chamada. Un traballador legal ten dereitos recoñecidos pola lexilación de reunirse coa súa familia no pais de acollida.
Foi interesante tamén as claves da explicación do fenomeno migratorio na mariña dende o proceso de industrialización na década dos 70, como os nativos da mariña accederon a traballos na industria, abandonando o mar, e eses traballos foron logo ocupados polos inmigrantes, principalmente caboverdianos. Actualmente hai inmigrantes doutras nacionalidades coma os indonesios que van cubrindo postos de traballo nunhas condicións diferentes. Por exemplo teñen uns contratos laborais temporais, moito mais estrtictos cos anteriores, e non se contempla no convenio cos seus paises a posibilidade da reagrupación familiar ou o establecemento definitivo.
Recollimos recortes de prensa con noticias de actualidade relacionadas coa inmigración. Unha falaba dos conflitos que xurden nalgúns sectores como consecuencia da crise, e a hostilidade aos inmigrantes que son percibidos como unha ameaza para os postos de traballo locais.
No tocante o proceso de socialización, explicou as teorías clásicas do proceso de aculturación. A de Berry que di que os dous polos que explican o proceso de aculturación son: por un lado a conservación da tradición cultural propia e no outro a adopción da cultura de acollida. Sendo patente nada mais o proceso de influencia da sociedade de acollida no inmigrante e non ao revés.
A de Gordon que trata esas variables como dimensións separadas non pertencentes a un mismo continuo, dando lugar a varias posibilidades: conservación da propia cultura e adquisición dos valores da de acollida (integración). Renuncia a propia cultura e incorporación dos da acollida (asimilación). Renuncia os valores da sociedade de acollida e conservación dos seus propios (segregación ou separación). E o caso mais extremo que supón a perda da identidade cultural propia e a non incorporación dos valores da sociedade de acollida (alienación).
Acabamos a xornada facendo unha reflexión de cómo se pode sentir unha persona que acaba de chegar a un pais diferente ao seu. Cales serían os medios que ten para poder facer a súa socialización e integración na sociedade. Non é importante so o traballo e os estudos senón que é importantísimo as canles de integración. Aquí en Burela unha das principais é a práctica dun deporte, ou a música.
Invitounos tamén a unha visita ao concello, onde se podía explicar moito mellor a situación das axudas sociais, posto que a meirande parte da poboación percibe que son so os inmigrantes os que se benefician de axudas sociais, cando non é exactamente así. Ela percibe que dende a situación de crisis económica que arrastramos, a xente volveuse mais hostil e crítica respecto ao fenómeno da inmigración.
Por último Conchi, a representante do concello, invitounos a facer propostas para o programa de atención ao inmigrante do concello. Tamén suxeriulles aos alumnos, formular propostas, de como poderían intervir eles en iniciativas para facilitarlle o proceso de adaptación aos alumnos recién chegados ao noso sistema educativo.

28.4.15

Mostra de unllas creativas polas alumnas de 1º CM Peiteado e Cosmética Capilar

As alumnas de 1º de Ciclo Medio de Peiteados e Cosmética Capilar, realizaron como traballo de final de trimestre para o módulo de estética de mans e pés unha mostra de unllas creativas que lles mandou a súa profesora, Mariser San Lorenzo.

A mostra dos traballos está actualmente exposta na vitrina da entrada do centro.

Obradoiro de Banda Deseñada da man de Pepe Carreiro

O debuxante galego, Pepe Carreiro, visitou a biblioteca do IES Perdouro para impartir un obradoiro de iniciación á banda deseñada destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Primeiro, Antón e Teresa encargáronse de presentar o autor dos Bolechas, unha familia peculiar coa que creceron todos os alumnos de Galicia. Despois, Pepe Carreiro ensinoulles trucos para debuxar, proporción, caricaturización, faloulles da linguaxe dos bocadillos e do poder do trazado para enfatizar as letras dos diálogos. Antes de rematar, o debuxante contestou á preguntas interesadas do alumnado e asinou os libros dos rapaces. E como ginda final, agasallounos cun debuxo para a nosa biblioteca. Un encontro fantástico!!

22.4.15

Ruta histórico-cultural pola Mariña Central

O pasado venres, día 17 de abril, alumnos e alumnas de 2º da ESO  realizamos un percorrido histórico por distintos lugares da Mariña Central para coñecer o  seu patrimonio cultural. Concretamente visitamos o castro celta de Fazouro, a igrexa-catedral-basílica de San Martiño de Mondoñedo e a catedral de Mondoñedo.
Esta actividade permitiunos ver , estudar e comprender  características, elementos e aspectos da historia dun xeito diferente. Resultou altamente interesante e instructiva.

21.4.15

Diana foi recoller o seu Premio ESO ao Esforzo e Superación Persoal

Diana Gonçalves Sanches, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, recibiu o pasado 25 de marzo en Santiado o Premio ESO á superación e esforzo persoal. Parabéns Diana!!!

Outro premio para o IES Perdouro!!!!

IES Perdouro premiado co seu proxecto de innovación en dinamización lingüística "Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa"

Parabéns para os promotores!!! Bernardo e Mª José !!!


O IES Perdouro felicita aos demáis centros premiados así como aos seus respectivos docentes impulsores :
  • CPI de Navia de Suarna - Lugo
  • CEIP de Frións, CEIP Heroínas de Sálvora de Ribeira - A Coruña
  • IES Rodeira de Cangas - Pontevedra
  • IES da Pobra do Caramiñal - A Coruña 
Parabéns compañeir@s!!!

Sensilizando sobre o uso responsable da auga - CMC 1º Bach.

Con motivo do día da terra, o alumnado de 1º de Bach. recibiu a visita do técnico de Espina y Delfín, Juan Moreno, para falarlles do ciclo da auga e da súa xestión. 

A profesora Charo Fernández, como medio de chamar a atención sobre a importancia da agua e da xestión sostible dos recursos da auga, organizou esta charla para sensibilizar aos seus alumnos de Ciencia para o Mundo Contemporáneo sobre un uso sostible deste ben tan preciado e imprescindible para a vida. Juan Moreno explicoulles con datos contundentes o consumo moitas veces excesivo, os tratamentos para potabilizar ou para depurar, os impactos dunha simple fuga de auga co obxetivo de promover en eles unha boa práctica da súa utilización no día a día. O aproveitamento da auga empeza pola participación de todos nós.

20.4.15

Concerto da Gallaecia Big Band

Crónica de Tania Valiña Eijo, 2º ESO B

GALLAECIA BIG BAND, EN CONCERTO

O venres día 10 de abril baixamos á Casa da Cultura de Burela para asistir a un concerto didáctico ofrecido pola Gallaecia Big Band, unha banda de Jazz. O evento foi organizado para que os rapaces de ESO tivésemos uns mínimos coñecementos sobre a historia deste tipo de música.

O IES Perdouro non era o único instituto que acudiu ao concerto; este tamén estaba dirixido aos rapaces de institutos das zonas próximas á nosa localidade.

 Aínda que se tratase dun concerto sobre a “historia do Jazz”, non resultou aburrido. Cada vez que falaban sobre un novo estilo que aparecía da música, tocaban unha peza musical ilustrativa. Así nos fixeron ver que  o Jazz é unha mestura entre varios deses estilos.

Os intérpretes eran oito persoas: pianista, contrabaixista, baterista, trompetista e trompista, clarinetista (que tamén tocaba o saxofón) e dúas voces, unha muller e un home (que tamén tocaba a guitarra). Para o meu gusto, tocaban ben. Gustoume o timbre de voz da cantante e gustoume como se metía na canción e como transmitía diferentes sentimentos coa voz.

O pase durou unhas dúas horas, pero non se fixeron longas. Ao rematar, cantaron, tocaron e bailaron. Nós non íamos ser menos e tamén nos puxemos a bailar. Eu persoalmente paseino moi ben. Foi un día diferente; aprendemos cousas novas e reforzamos outras que xa sabíamos


19.4.15

Demostración de manicura no taller de Imaxe Persoal

As alumnas do ciclo medio de Peiteados e Cosmética Capilar asistiron o pasado 25 de febreiro a unha clase práctica de manicura. A xornada formativa centrouse nas técnicas actuáis en decoración de uñas a cargo dunha profesional da marca de cosméticos de Peggy Sagge. Nesta Actividade a profesional realizou varias técnicas de decoración que máis se demandan e que están de actualidade como son: decoración con caviar, degradados, uñas de gel, ilack esmaltado semipermanente etc.

18.4.15

Proxecto Mocidade Contra a Violencia de Xénero

O IES Perdouro participa no proxecto ‘Mocidade Contra a Violencia de Xénero’

A Xunta de Galicia participa dende o ano 2013 no Proxecto ‘Mocidade Contra a Violencia de Xénero’, financiado pola Unión Europea, e liderado pola cidade italiana de Turín, co obxectivo de apoiar a prevención da violencia de xénero entre a poboación máis nova.

Concretamente o proxecto propón traballar para contribuír á redución da violencia de xénero a través da mellora dos coñecementos e competencias dos grupos de mozos/as pertencentes a centros xuvenís, escolas de ensino medio -coma o IES Perdouro de Burela- e grupos xuvenís activos no seu territorio, sobre asuntos relacionados coa defensa dos dereitos humanos e o seu desenvolvemento.

Dende marzo 2015, a Secretaría xeral da Igualdade está a desenvolver a segunda parte do Proxecto Mocidade Contra la Violencia de Xénero, financiado por la Unión Europea, e liderado pola cidade italiana de Turín, no que a Xunta participa co obxectivo de apoiar a prevención da violencia de xénero entre a poboación máis nova. Neste segundo ano do proxecto estase a desenvolver a campaña ” Todos os días loitando contra a violencia de xénero”, que se difunde nos seis idiomas do proxecto: galego, castelán, italiano, romanés, portugués e inglés.

En concreto, o proxecto aborda a sensibilización da opinión pública sobre a necesidade de construír unha sociedade que respecte as diferenzas de xénero e de dar a todas as persoas a oportunidade de expresarse e representarse libre dos estereotipos home/muller.

Neste segundo ano do Proxecto participan oito mozas e mozos que recibiron unha formación específica e son eles que levan ás aulas de diversos centros educativos galegos o debate sobre a violencia machista, utilizando para elo o método da Peer Educación, Educación entre Iguais, cun enfoque participativo e utilizando metodoloxías activas.

Nas sesións que se desenvolven nos centros, o alumnado, axudado polos Peers, grava diversos vídeos que abordan a temática da violencia de xénero, vídeos que se subirán á páxina oficial fo Proxecto: http://www.jcvg.eu e poderán ser votados para converterse nos vídeos oficiais do proxecto, e ser difundidos en España, Italia,Romanía, Brasil, Cabo Verde e Mozambique, o 6 países socios no Proxecto.Tamén dentro do programa desenvólvense campañas de sensibilización da opinión pública, sobre a masculinidade positiva; a loita contra a violencia cara as mulleres e cara as persoas LGBT.

A campaña, planificada polos participantes desta iniciativa, que en Galicia son o alumnado e o profesorado de diversos centros educativos, difúndense a través das canles de comunicación institucional dos socios do Proxecto (no caso da Xunta de Galicia a través da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade), así como a través das redes sociais, especialmente twiter e facebook, que conta cun perfil especifico para o Proxecto: https://www.facebook.com/projectJCVG.

O proxecto, asinado en Turín en decembro de 2013, está financiado pola Comisión Europea, ten unha duración de 36 meses e nel participan en calidade de socios trece entidades de España, Italia, Romanía, Cabo Verde, Mozambique e Brasil.

16.4.15

Portas abertas Oferta educativa dos Ciclos Formativos

Alumnos de 4º PDC do IES Marqués de Sargadelos visitaron esta mañá as aulas e talleres dos ciclos formativos que se imparten no centro. Profesores e xefes de Departamento explicáronlles o plan de estudos dos ciclos medio de Mecanizado, Instalacións en Telecomunicacións, Peiteado e Cosmética Capilar e Xestión Administrativa así como as actividades e visitas complementarias á formación recibida no centro.

Gotas para Níxer, carreira solidaria

O venres 27 de marzo, alumnos e alumnas de  1º da  ESO, participamos nunha carreira solidaria baixo o lema “GOTAS PARA NIXER”,  e que formaba parte da campaña  de movilización escolar en apoio da supervivencia infantil neste país. Días antes as monitoras de GAIA do Concello de Burela impartíronnos unha charla para sensibilizarnos e explicarnos este proxecto.

O percorrido ía desde o Perdouro ata o Cantiño e participaban os centros de secundaria da localidade. Na meta agardábannos xogadores/as do Burela  F.S: que nos fixeron entrega de dez balóns firmados por toda a plantilla do Burela, previamente sorteados, ademais de asinarnos camisetas, dorsais e fotografarse con nós.


Carolina Basanta Val
Marta Lestao Fernández

14.4.15

IV Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Os días 24, 25 e 26 de Marzo celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Perrucaría do IES Perdouro. 

Os usuarios/as do Centro Ocupacional e Centro de día da Fundación Eu Son asistiron e participaron no obradoiro de Asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal. Nestas xornadas déronse pautas e consellos par manter e coidar a imaxe persoal no día a día. Foron días moi intensos no que se fixeron moitas actividades (afeitados, manicuras, masaxes, peiteados, cortes, etc) nas que os usuarios participaron nos traballos adoptando o papel de modelos e tamén o papel de profesionais, ninguén quedou sen traballar!!
Esperamos que pronto volva a ser o ano que ven e telos aquí outra vez con nós. Grazas pola vosa visita.

Mariser San Lorenzo. Xefa do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro.

Obradoiro de Alisado de coláxeno - CM Peiteado e Cosmética Capilar

As alumnas do ciclo medio de Peiteado e Cosmética Capilar asistiron o pasado 3 de marzo a unha demostración técnica para coñecer as técnicas de aplicación dun produto revolucionario de nova xeración "Figure On". Este producto a base de coláxeno permite obter un alisado do cabello cunha duración de entre seis e oito meses.

Novidades de BiblioPerdouro en Banda Deseñada 2015 (2)

Segunda remesa de Banda Deseñada que nos trouxo Ricardo dende Pontevedra.

13.4.15

Saída formativa para o alumnado da familia profesional de Administración

Alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixeron o pasado 26 de marzo unha visita a dúas empresas da Coruña:

GADISA en Betanzos, un centro de opereacións  loxísticas dende donde se controla todo o proceso de distribución  de produtos  ata os seus puntos de venta, atendendo á rapidez, inmediatez e calidade.

NETEX, unha empresa que se dedica á aplicación das novas tecnoloxías ao mundo da formación para empresas, editoriais ou institucións educativas.

12.4.15

Come e Fala

Come e Fala da RTVG con José Manuel García e Berta Castro - 12/04/15


Como dúas locutoras máis da Radio Galega, Maka Ledo e Helena Valle, alumnas de 1º de Bach e gañadoras do premio o Galego na Onda, tiveron un pequeno espazo para falar da oferta gastronómica de Burela no programa da RTVG Come e fala. Entrevistaron a Luís Rubal do Hotel Canabal e a Viviane Furtado para falar das especialidades caboverdianas.

Moitas grazas José Manuel García polo convite e por esta mañá fantástica nos estudios da Radio Galega.  Momentos inesquecibles!"!!!

Para escoitar o ben que o fixeron Elena e Maka, pica aquí. 

9.4.15

Novidades na biblioteca

Velaquí as últimas adquisións da biblioteca respondendo a demanda dos nosos lectores. Boa lectura!!

8.4.15

Programa KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras na adolescencia: acoso escolar, redes sociais, maltrato familiar, etc.)

Celebrouse o martes, día 7 de abril, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Ana Pérez Figueroa, Educadora Social e Coordinadora da Área de Conflito Social da Asociación ARELA, foi a responsable de impartir o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.

A relatora tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, o papel da familia, as consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou os lugares a onde dirixirse en caso de problemas.

A Asociación ARELA leva 16 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

Xornada formativa - obradoiro de corte e cor - CM Peiteados e Coméstica Capilar

Xornada de formación en novas tendencias de cor e corte impartida por profesionais de Comercial Monte.

“As técnicas de corte do cabelo actuáis son inherentes ás técnicas de cor producidos no cabelo”. Esta sinerxía busca a excelencia da imaxe persoal.
O pasado 23 de febreiro,  no taller de Perrucaría, as alumnas do Ciclo Medio de Perrucaría estiveron acompañadas de dous oradores expertos na materia que baleiraron diante delas toda a súa experiencia práctica e toda a información sobre as últimas tendencias no sector de Peiteado patrocinado pola distribuidora de cosméticos “Comercial Monte”

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES PERDOURO, de Burela que tivo lugar o venres 27 de marzo destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Neste acto participaron os exdeputados Fernando Carlos Rodríguez Pérez (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Lois Diéguez Vázquez (BNPG-PSG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia. 
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relatan en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan as preguntas dos asistentes. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

7.4.15

Visita a Sotavento

O pasado 17 de Marzo, os alumnos de 3º ESO foron visitar as instalacións do parque experimental de Sotavento.

Foto de grupo colgada na páxina.: http://www.sotaventogalicia.com/gl/visitas/perdouro

A visita consistiu nunca charla inicial sobre a enerxía do vento, explicándonos os diferentes muiños que se deseñaron ó longo da historia, o impacto deste tipo de enerxía, o futuro.
Despois, e debido a que as condicións metereolóxicas o permitían, subimos ó primeiro piso dun eólico, cousa que nesta visita non sempre sucede.
Por último explicáronnos qué era unha casa bioclimática, da que teñen unha representación no parque, ademáis de tipos de eficiencia enerxética que se pode dar no fogar, no que respecta ó consumo de electricidade e no que respecta ó consumo de auga tamén.
En global foi unha visita moi amena, donde nos concienciamos da importancia do uso de enerxíasalternativas, pero sobre todo de usar a enerxía eficientemente.

1.4.15

Visita dos alumnos de 2º de mecanizado a Garsán de Burela

O pasado xoves 19 de marzo, os alumnos de mecanizado do IES Perdouro visitaron GARSÁN, unha empresa que leva colaborando co centro desde o ano 1983. Xa na antiga FP acollía ós alumnos que querían realizar as prácticas nas súas instalacións. Daquela eran un par de horas un día á semana. Agora son 410 horas de formación en xornada habitual da empresa. Tódolos anos algún alumno realiza a súa formación nesta empresa e ó seu remate suele incorporarse na plantilla da mesma,. Polo tanto, é moi importante para o departamento de mecanizado manter unhas relacións fluidas con Garsán e estar ó tanto dos medios tecnológicos e das innovacións cos que conta a empresa para que a formación dos alumnos vaia encamiñada a surtir o que o mercado e a empresa moderna precisan.
Nesta visita trátase diso, de analizar o nivel de implantación das novas tecnoloxías no sector privado, comparar os sistemas de fabricación da empresa privada cos do centro educativo, complementar a formación recibida no centro e darlle a coñecer ós alumnos unhas das principales empresas do sector de Fabricación Mecánica.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...