O vindeiro mércores día 5 de setembro ás 19.00 h. terá lugar no CENIMA do Concello de Foz a inauguración da exposición:
CERÁMICA CON IDENTIDADE
Obradoiro educativo en homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Exposición de traballos escolares realizados no IES PERDOURO DE BURELA en colaboración có ceramista Estéfano Gudín e inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento.
Obradoiro educativo en homenaxe a Isaac Díaz Pardo |
Durante o proceso de redacción e aplicación do proxecto de innovación educativa coñecido como Modelo Burela, o Instituto Perdouro estableceu contacto directo con numerosos axentes sociais tanto da propia localidade como da comarca mariñá. No curso 2011-12, ese labor de interlocución centrouse nun sector específico: as entidades comerciais e empresariais. Foi así como entre o centro educativo e o artesán ceramista Estéfano Gudín surxiu unha colaboración que se plasmou nun convenio bilateral.
Unha das integrantes do cadro docente, a profesora Cristina Durán Arufe, foi a primeira que manifestou interese en aproveitar a potencialidade dese convenio para realizar un obradoiro artístico destinado a alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO. A súa pretensión era buscar unha nova actividade en que mozos e mozas puidesen experimentar coa materia prima, que tivesen oportunidade de aplicar os coñecementos teóricos adquiridos na materia de Educación Plástica e Visual.
A proposta tivo unha magnífica acollida tanto por parte da Vicedirección de actividades extraescolares como do artesán Estéfano Gudín. Así naceu unha actividade educativa inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento.
Durante os tres períodos lectivos semanais do mes de marzo e abril, as mesas da sala de artes plásticas cubríronse con saquetiños de caolín e, seguindo as explicacións de Cristina Durán e Estéfano Gudín, alumnos e alumnas fóronlle dando forma ás figuras que naceran na súa imaxinación.
Os resultados daquelas iniciativas de comercio emprendedor e de escola transformadora, atenta á innovación da sociedade que a rodea, están agora reunidos nesta exposición que abrimos ao público no CENIMA, a quen agradecemos a acollida.
Confiamos en que os contidos sexan do seu agrado.
Moitas grazas pola visita.
Moitas grazas pola visita.
AUTORÍA DOS TRABALLOS | |
ÁLVARO CREGO DEÁN CARLA BOLAÑOS BLANCO GABRIEL ORTIZ CIDE ESTELA FERNÁNDEZ CABANA ANDREA REGA VILLAREJO e SARAY GÓMEZ MESA ELENA GARCÍA PALEO e XIANA FERNÁNDEZ DÍAZ JESÚS DANIEL CAMPOS LÓPEZ JULIETA JOHANA DURÁN e GIANELLA A. CARBAJAL MANCHEGO GABRIEL BERMÚDEZ ÁLVAREZ CRISTINA CIGARRÁN DÍAZ JOSÉ CARLOS DÍAZ LORENZO | CRISTINA FERNÁNDEZ BLANCOe ÁNGELA IÑIGO GONZÁLEZ ANDREA GÓMEZ PARDO ALEX LIÑÁN RABOST AITOR LÓPEZ ANELLO ANDREA LORENZO BAAMONDE VÍCTOR CABARCOS VAL KAREN FERNÁNDEZ BEDOYA NELIA CRISTINA GONÇALVES GOMES PAULA VIRGINIA MONTEIRO FERREIRA UXÍA DÍAZ FERNÁNDEZ TANIA DÍAZ VÁZQUEZ AZUCENA FONTERIZ OLDÁN CINTIA FERNÁNDEZ CASTRO e SARA PERNAS POLO |
EQUIPO DOCENTE |
CRISTINA DURÁN ARUFE (Santa Comba, A Coruña) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Desenvolve a súa actividade artística realizando exposicións individuais como Dúbidas (Espacio 48; Santiago de Compostela) e Lugarsinlugar (Arte XXI; Madrid); e participando en varias exposicións colectivas como a Homenaxe a Lucio Muñoz (Palacio de Congresos; Madrid), Novos Valores (Deputación Provincial de Pontevedra), no “Certame de pintura Concello de Cambre” , no “IX Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo” e na exposición “Encontros no pazo de Mariñán” (Fundación Luís Seoane; A Coruña).
A súa obra conseguiu varios premios, entre eles na “Bienal Internacional de arte Fundación Araguaney” (Mención de Honra); no “Premio de pintura Comarca do Sar” de Padrón (Terceiro e Primeiro); no “Certame Isaac Díaz Pardo” da Deputación da Coruña (Adquisición) e no “XIII Certame de Arte Galería Burela” (Primeiro).
Desde setembro de 2007 é profesora de Debuxo no IES Perdouro de Burela. No curso 2011-2012 desenvolveu en colaboración con Estéfano Gudín unha actividade educativa en que se fusionaron a arte, a artesanía e a docencia.
ESTÉFANO GUDÍN (Arancedo-El Franco; 1958) comezou a realizar pezas de cerámica durante o ano 2000 e tivo como referencia os alfareiros de La Rambla, en Córdoba. Pouco tempo despois entrou en contacto con diversos artesáns asturianos. Seguindo as indicacións destes, realizou diversas réplicas de utensilios domésticos que observou nas pallozas de Piornedo (Os Ancares). Desta maneira, foi facendo potes, tarteiras, tixolas e cazos sempre con barro tratado con diferentes terras para conseguir óxidos naturais a imitación do ferro.
Desde o 1 de abril de 2004 exerce a actividade profesional no seu obradoiro aberto ao público na localidade de Cervo. Aínda que mantén as características tanto no uso dos materiais como no deseño, diversificou notabelmente a produción e realiza tanto pezas de uso doméstico (xogos de café, xogos de queimada, botellas, tazas, xarróns) como obxectos decorativos (murais, placas, maquetas e esculturas). Mostras públicas da súa obra están en exposición permante no Concello de Viveiro e no Museo Provincial de Lugo.

Sem comentários:
Enviar um comentário