O luns 26 de novembro Ramón Blanco, poeta e ex-profesor do centro, visitounos no IES Perdouro.
Naceu en Outes en 1979 e traballou tamén no sector na edición e como xornalista editorial. Como poeta, veu presentarnos o seu novo poemario Emily on the road e agasallounos cun recital dalgún das súas composicións con acompañamento musical en directo e coa presentación dalgunhas das imaxes publicadas no libro. Ver a posta en escea da performance aquí.
Como tamén é ensaísta achegounos á vida e á obra de Francisco Añón tratadas nunha antoloxía comentada por el mesmo e publicada na colección Clásicos da editorial Galaxia co gallo de celebrar o bicentenario do nacemento de Añón.
Se queres ler a Ramón Blanco, ségueo no seu blog literario: http://aoutrabanda.blogspot.com.es/

Sem comentários:
Enviar um comentário