O pasado 12 de novembro, os rapaces e
rapazas de 1º da ESO realizaron un itinerario xeográfico e histórico
pola nosa vila. Con esta actividade coñeceron e aproximáronse máis ao
noso contorno, descubrindo aspectos, espazos e trazos históricos
novos.
A actividade rematou coa visita á Igrexa da Vila do Medio coa análise dos elementos artísticos máis sobresaíntes, salientando entre todos eles as súas pinturas góticas sobre a paixón e morte de Xesucristo.
O alumnado sentíuse especialmente atraído polo legado cultural existente en Burela que para algúns resultou ser descoñecido.
1º ESO A | 1º ESO B |
Sem comentários:
Enviar um comentário