O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiron unha charla divulgativa dentro do Proxecto Abalar sobre como navegar con seguridade pola rede. Lucía Fidalgo do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia foi a encargada de ensinarlles aos
escolares a navegar por Internet dun xeito útil e responsable. O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no
uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas
tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.
Ademais o alumnado ten a súa disposición unhas Guías de Boas Prácticas que se poden descargar en formato electrónico da web www.navegaconrumbo.es,
e que ofrecen xogos e ligazóns de interese sobre a
temática do programa.
Máis información sobre Internet Segura aquí e na OSI - Oficina de Seguridade do Internauta-.
Máis información sobre Internet Segura aquí e na OSI - Oficina de Seguridade do Internauta-.
Sem comentários:
Enviar um comentário