O
próximo luns, día 15 de abril, o Instituto Perdouro comeza a serie
de actividades coas que tradicionalmente celebra a temporada das
Letras Galegas. Ás 17:10 horas, o patio do centro educativo
transformarase en recinto festivo para acoller un acto que
sintetizará palabra e música.
Está
previsto que o espectáculo comece coa interpretación dunha peza
musical por parte de alumnos e alumnas de 4º de ESO. Seguidamente,
as integrantes do grupo caboverdiano “Nos Bandeira” -rama xuvenil
de Batuko Tabanka- interpretarán dúas pezas: unha de danza e outra
do tradicional batuko do seu país.
O
prato forte da xornada chegará inmediamente despois, coa actuación
dunha artista convidada: a luguesa Evinha, que hai unhas semanas
estivo impartindo no centro un obradoiro de Música. Esta moza que
busca seguir os pasos da eurovisiva Lucía Pérez estará acompañada
polo alumnado de 3º de ESO na interpretación de tres cancións.
Este
acto musical servirá de actividade práctica para o alumnado do
ciclo medio de Electrónica, que se ocuparán da instalación e a
atención dun equipo de son que “puxeron a punto” nestas últimas
semanas.
Sem comentários:
Enviar um comentário