A
diversos coloquios co escritor madrileño Matías Escalera únese o concerto do grupo vocal “Son de Nós”
O mes de maio comeza con
intensa actividade na axenda do Modelo Burela. O escritor madrileño
Matías Escalera participará en diversos eventos de divulgación da
lectura e o grupo vocal “Son de Nós” oferecerá na Igrexa da Vila do Medio o concerto
“Os Camiños da Lingua”.
As actividades comezarán
o próximo día 2 de maio, coa participación de Matías
Escalera nunha sesión extraordinaria do clube de lectura que
se reúne na Biblioteca Municipal. O escritor comentará diversos
aspectos da súa obra cun público que durante estes días estivo
lendo unha de recente publicación, o volume de relatos titulado
Historias de este mundo
(Baile del Sol. Tenerife. 2011).
O mesmo escritor manterá
encontros co alumnado de bacharelato dos institutos da localidade. Será ás 9:20 horas no IES
Monte Castelo e no IES Perdouro ás 12:20.
O mesmo venres, ás
20:00 horas, o acto de animación á lectura celebrarase na
Libraría Nobel (Espazo Lector), onde –ademais da do autor-
se conta coa presenza de representantes do Proxecto de Innovación
Lingüística e do Clube de Lectura así como da profesora Julia
María Labrador Ben.
No Camiño da Lingua (Concerto Modelo Burela )
O sábado día 4, ás 9 da noite, a Igrexa da Vila
do Medio de Burela converterase nun auténtico paraíso para
melómanos. O Grupo Vocal Son de Nós ofrecerá, coas pinturas medievais como privilexiado tapiz de
ambientación, un concerto que leva por título "Os camiños da
Lingua" e co subtítulo "Concerto Modelo Burela".
Unha vez máis, coa interculturalidade como fío condutor, o Modelo Burela continúa fomentando a comunicación entre escola e sociedade, e neste caso faino a través do labor de músicos profesionais.
Son de Nós, un septeto vocal dirixido polo Maestro viveirés Plácido Travieso Fernández (Viveiro, 1972), preséntase en Burela despois dos éxitos recollidos en diversas actuacións, entre elas tres na Mariña: na Igrexa do Vicedo, no Conservatorio de Música de Viveiro -con motivo da presentación dun novo libro do escritor Séchu Sende- e na Semana Santa da parroquia de San Martiño.
Sem comentários:
Enviar um comentário