Alumnos do centro que forman parte da Banda de Burela actuaron nos actos de celebración co motivo do 50 Aniversario do CEIP Virxe do Carme o pasado 11 de maio.
A
Banda de Burela foi a encargada de pór o broche final coa interpretación
de pezas do seu repertorio e do Hino ao CEIP Virxe do Carme, composto
polo mestre de música Jesús Arranz. Aínda que a peza xa fora estreada en
2009 no propio centro para celebrar o día das Letras Galegas, nesta
ocasión, con motivo da conmemoracióndos 50 anos do nacemento do centro, o
Hino interpretouse nunha versión para coro e banda de música, na que os
rapaces e rapazas do colexio foron os encargados de pór voz ao texto de
Arranz, acompañados pola Banda de Música de Burela.
Coa interpretación desta peza púxese punto e final a un acto moi
emotivo con grande asistencia de público e no que estiveron presentes
profesores e profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos,
antigos mestres e mestras… e ao que a Banda de Burela non podía faltar.
Himno ao CEIP Virxe do Carme - Letra e música de Jesús Arranz
No medio dos Castros naceu unha “escuela”
que, andando no tempo a colexio chegou
deu pulo e alento a toda Burela
desde as súas aulas, cultura espallou
que, andando no tempo a colexio chegou
deu pulo e alento a toda Burela
desde as súas aulas, cultura espallou
O VIRXE DO CARME É NOSO COLEXIO
O FARO QUE ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL, SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL
O FARO QUE ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL, SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL
Burela medraba e o “cole” crecía
e máis edificios houbo que crear
xornais, profes, libros a Burela enchían
de sabiduría e ritmo vital
e máis edificios houbo que crear
xornais, profes, libros a Burela enchían
de sabiduría e ritmo vital
ADIANTE, ADIANTE CEIP VIRXE DO CARME
OLLANDO AO FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE BURELA SIGA A PROGRESAR
OLLANDO AO FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE BURELA SIGA A PROGRESAR
A Comunidade do noso colexio
valores humanos pretende acadar
libre e tolerante quere dar resposta
aos retos dun mundo cambiante e plural
valores humanos pretende acadar
libre e tolerante quere dar resposta
aos retos dun mundo cambiante e plural
Repíntense os retrousos:
O VIRXE DO CARME…
ADIANTE, ADIANTE…
O VIRXE DO CARME…
ADIANTE, ADIANTE…
Texto recollido en Crónica3
Fotografías cedidas pola xentileza de Carlos Andrade.
Fotografías cedidas pola xentileza de Carlos Andrade.
Sem comentários:
Enviar um comentário