"VII Concurso de Relatos Curtos e Debuxo" da As. Cultural Os Matos - Tema "Doce meses. Moitas paisaxes”
O pasado xoves 21 de xuño, entregáronse no biblioteca do IES Perdouro os premios do VII Concurso de relatos curtos e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Doce meses, moitas paisaxes”. O presidente dos Matos, Antón Niñe, foi o encargado de felicitar aos premiados desta sétima edición do certame. Miruca Parga, coordinadora do EDL e Santiago Pérez, Director, entregaron aos premiados o seu diploma e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.
No concurso de relato curto e debuxo convocado pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:
Relato curto:
• 1º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
"Ril e a súa balea" de Mirella Ramos Vázquez (1ºESO)
• 2º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
"Un Nadal en Burela" de Leticia De Pedro Martínez (1ºESO)
• 1º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
"Un día na invernal Rusia" de Víctor Cabarcos Val (3º ESO PDC)
• 2º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
"Nacín unha noite de marzo" de Alejandro Ramil García (3º ESO PDC)
Debuxo:
• 1º PREMIO:
"Setembro" de Clara Iglesias Fernández (1º ESO)
• 2º PREMIO:
"Collage Mar e Faro de Burela" de Itziar García Cruz (1º ESO)
Sem comentários:
Enviar um comentário