Dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar,
Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso
alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en
diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores,
teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado xoves, día 12 de decembro.
O axente Peña explicoulles a necesidade de implantar na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delictos. Incidíu en que é necesario educar no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais. Fixo tamén fincapé no perigo de facilitar datos persoais e íntimos a descoñecidos e na necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera contido estrano e/ou ameazante que detecten en Internet.

Sem comentários:
Enviar um comentário