Crónica de María Prieto - 1º Bach B
O venres 31 de xaneiro, na casa do concello de Burela, o alumnado de 4º de ESO e 1º BAC do IES PERDOURO acudimos á presentación da exposición Luces de alén mar. O encargado de explicarnos o seu contido e significado foi Vicente Peña Saavedra, que nos achegou un chisco máis ao seu traballo sobre as achegas dos emigrantes americanos para a educación galega.

O título da exposición fai referencia ás axudas que chegaban para Galiza, de tan lonxe como é o outro lado do gran océano Atlántico. Entendemos que esas luces non son, polo tanto, máis que unha metáfora: o brillo que iluminaba Galiza de sabedoría grazas a estes americanos, que non só aportaban os cartos senón tamén a experiencia de marcharen tan lonxe e nunca esqueceren de onde eran, nunca esquecer a súa terra, a súa nai Galiza.
A deusa Minerva, deusa da sabedoria, das ciencias e do coñecemento representa, no cartel desta exposición, aos americanos que traían os libros por unha parte, e a luz da ilusión por outra, para enriquecer ao pobo galego, ás xentes rurais da época que vivían totalmente afastadas desa vida cosmopolita das Américas. A poboación galega móstrase representada tanto polo anxo (neno en idade de aprender) coma pola deusa Ceres (deusa da agricultura).
Un dos aspectos que máis axudaron a que nos achegásemos ao contido desta exposición foi o propio Vicente Peña Saavedra, xa que coa súa paixón explicóunolo todo co máximo detalle. E é que ese agarimo e interese pola emigración vénlle de familia, xa que é descendente de emigrantes, de feito, o seu avó materno fundou unha das sociedades de instrución de Ortigueira na emigración.
Sem comentários:
Enviar um comentário