Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde de onte
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
- Individuais: Xadrez e Damas;
- Parellas: Construcción de Puzzles;
- Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 3 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aerobic na que participou todo o alumnado.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargáronse as profesoras de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.
- Xadrez: Artai Fernández (1º ESO A)
- Damas: Enrique Cortiñas (2º ESO A)
- Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (1º ESO A)
- Baloncesto Feminino: Equipo de 2º ESO (Floricia, Iria, Telma, Mirella, Antía, Ana, Sara e Katia)
- Baloncesto Masculino: Equipo de 2º ESO B (Andrés, Alberto, Pablo, Christian e Jordane)
- Fútbol Sala Feminino: Equipo de 1º ESO A/B (Claudia, Laura, Antía, Lucía, Andrea R, Tania e Andrea S.)
- Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º ESO A (Cleiton, Edmilson, Aarón, Jairo, Edilson e Adilson)
Sem comentários:
Enviar um comentário