Barra de menú

20.3.14

III Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Os días 18, 19 e 20 de Marzo celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Perrucaría do IES Perdouro.
Durante estes tres días traballamos codo con codo para mellorar a sua estética, e sobre todo, e quizais o máis importante, reforzar os lazos que nos unen desde fai tres anos.
As alumnas realizaron traballos de corte de cabelo, manicuras, depilacións faciais, cor, masaxes, limpezas de cutis, peiteados...
Eles, pola súa parte, colaboraron en todo momento para axudar a realizar peiteados e recollidos, e practicar técnicas de maquillaxe de unllas....
A última sesión adicámola a mostrarlles as técnicas de barbeado. Para iso, cada un deles trouxo o seu propio material. Quizais foi o momento mais divertido. Todos o fixeron baixo a supervisión dunha alumna do 1º ano.
Penso que estas xornadas son moi positivas, xa que, por unha parte sirven como práctica ás alumnas - sobre todo no módulo de “Peiteado e Estilismo Masculino” - e por outro lado saímos un pouco da rutina dos nosos clientes habituais.
O grupo que nos visitou estaba integrado por 26 persoas das cales 11 viñan nun primeiro turno de 10h a 11h45, e 15 persoas no turno de 12h a 13h45.
Tan só, polo cariño que nos ofrecen, a ilusión coa que reciben os nosos coidados e o agradecidos que se mostran con nos, xa merece a pena seguir con este proxecto.
Quero agradecer aos monitores da Fundación “Eu Son” a sua axuda, ás miñas compañeiras de Departamento e sobre todo ao alumnado do Ciclo o esforzo destes tres días. Grazas tamén á Dirección do IES por facer posible este proxecto.

E, como din os nosos amigos, cando se despiden..... “Vémonos o ano que ven” 

Begoña Rodríguez Muñiz. Xefa do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro

Sem comentários:

Enviar um comentário