A asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC este luns 17 de marzo unha charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais.
Mentálizate é unha campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental e enfermidades mentais. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional
vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos. Pretende promover hábitos e estilos de vida saudables e a prevención de problemas de saúde mental, concienciando aos máis novos sobre o perigo de certas condutas de risco como o consumo de tóxicos.
Sonia Nogueiras Oroza, psicóloga do centro de axuda ao enfermo mental, explicou ao noso alumnado que a enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente, que en parte pode prevenirse coa axuda de todos, colaborando na detección precoz de síntomas, educando en habilidades interpersonais para prevenir as condutas de risco, como o consumo de cannabis e outras drogas, e fomentando hábitos de vida saudables. Ademais fixo especial fincape nunha actitude positiva hacia aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e hacia os seus familiares co propósito de evitar e eliminar a discriminación e prejuizos hacia estas persoas.

Sem comentários:
Enviar um comentário