Barra de menú

6.3.14

Proxecto IdA Explorer! - Acollida do grupo de rapaces e rapazas da BBZ - primavera 2014

Por quinto ano consecutivo, o IES Perdouro de Burela colabora nun proxecto pioneiro europeo de formación coa BBZ – o centro de formación e inserción laboral da localidade alemá de Augsburgo -  na acollida de rapaces e rapazas en centros de traballo da localidade.



Este xoves, día 6 de marzo, o director do IES Perdouro, Santiago Pérez, recibiu un grupo de rapaces e rapazas alemáns do programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer!. Nesta ocasión son nove os participantes deste proxecto que realizarán as súas prácticas en empresas nos diferentes sectores da economía burelá ata primeiros do mes de abril. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Participaron da vida escolar sendo testemuñas do ritmo da formación profesional en Galicia presenciando clases cos seus homólogos galegos. Logo da acollida e visita no centro educativo, maña, venres ás 11h30, os futuros aprendices serán recibidos no Concello de Burela polo Alcalde Jose González Barcia, nunha pequena recepción de benvida no salón de plenos. Para rematar a xornada, a Vicedirectora, Karina Parga, acompañaraos a visitar algún dos puntos de interese de Burela e achegáranse ata a emblemática praia das Catedrais. Estarán ata o 3 de abril.

Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que este proxecto piloto alemán, IdA EXPLORER!, respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e financiado polo Fondo Social Europeo, trata de incrementar as oportunidades de estudos da xuventude, e fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. A Vicedirectora sinala que nestes catro anos que leva traballando coa BBZ un total de 80 alemáns realizaron as súas prácticas na localidade de Burela.

Sem comentários:

Enviar um comentário