Este mércores 14 de maio, o departamento de Mecanizado do IES Perdouro recibiu a visita dos usuarios da Fundación Eu Son. Esta visita ao taller de Mecanizado enmárcase dentro das actividades do Plan Acción promovido pola Fundación Alcoa. Os alumnos de PCPI foron os encargados de fabricar un corrimáns para a Fundación Eu Son a partir de materiais reciclados. Gregorio Echevarría, o titor do grupo, explicou todo o proceso de fabricación dos pedidos aos representantes de Alcoa asi como aos da Fundación Eu Son dende a recepción do material reciclado ata a elaboración do pedido.
Sem comentários:
Enviar um comentário