28 alumnos de 1º de Bach. desfrutaron dunha viaxe de fin de curso de 5 días por Portugal. (do 17 ao 22 de xuño). Foron acompañados por Toni Galdo, o seu profesor de inglés, e pola Vicedirectora do centro, Karina Parga.
Primeira parada no Porto. Os rapaces descobriron a cidade patrimonio da humanidade asi como os lugares de interese máis chamativos: a fabulosa librería Lello, a Sé catedral, a Torre dos Clérigos, a avenida dos Aliados, o mercado do Bolhão, o Café Majestic, a estación S. Bento, o palacio da bolsa, a ribeira, o mirador do Morro.
Houbo unha parada no camiño de traslado a Lisboa en Nazaré. Foi un dos momentos onde a rapazada puido gozar do sol e dos xogos na praia.
Houbo unha parada no camiño de traslado a Lisboa en Nazaré. Foi un dos momentos onde a rapazada puido gozar do sol e dos xogos na praia.
En Lisboa, o grupo puido visitar o mosteiro dos Xerónimos asi como a Torre de Belén. (S. XVI). Tamén dende aí sacaron fotos do monumento aos descobrimentos e da ponte do 25 de abril. No parque das nacións, a expedición viu o Oceanario de Lisboa considerado o segundo acuario máis grande de Europa. Unha monitora lles explicou as características moi peculiares do acuario situado no estuario do río Teixo de auga doce e con máis de 15.000 especies de plantas e animais. Tamén foron testemuñas da gran obra de ingeñería portuguesa, a Ponte Vasco de Gama (cuns 17 km de lonxitude). Para desprazarse ata o centro histórico da capital portuguesa, a comitiva empregou o metro lisboeta. Empezaron o percorrido pola praza do comercio, a baixa, o elevador de Santa Justa, a praza do Rossio, Chiado, as ruinas do Carmo, a praza da figueira, a casa dos Bicos, a Sé Catedral, o mirador de Santa Luzia, e o castelo de San Xurxo.
Tamén viaxaron ata Cascais para coñecer unhas das cidades balnearias máis recoñecidas de Portugal e pegarse un chapuzón despois de contemplar a fantástica Boca do Inferno (vertixinoso acantilado onde rompen as ondas do mar).
Unha viaxe chea de probas gastronómicas e de boas lembranzas!!!! Para repetir!!

Sem comentários:
Enviar um comentário