O pasado día 28 de outubro, veu Alfonso Piñeiro, director do IES Porta da Auga de Ribadeo, a darnos unha charla ao alumnado de 1º de ESO sobre astronomía.
Primeiro, falounos un pouco do sistema solar: onde está situado, que corpos o forman, tamaño dos mesmos, as súas órbitas, distancias, ....
Informounos tamén dos aparellos e vehículos espaciais que, na actualidade, están desenvolvendo estudos sobre o universo.
Dixo que se estaban enviando robots a Marte e que que querían que unha nave, Rossetta, se pousara nun cometa que se dirixe cara o sol.
A min a charla gustoume porque aprendimos cousas que non sabiamos e recordamos o que xa coñeciamos.
Crónica de Marta Lestao Fernández, alumna de 1º ESO A
Sem comentários:
Enviar um comentário