A actividade posta en marcha por parte desta Consellería, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2014-2015, desenvolveuse hoxe no centro de 9h a 11h co título: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro, encontro dirixido ao alumnado de 2º ano dos ciclos formativos.
Abriu o acto Enrique José Gómez Fernández, Técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e aportou información sobre a motivación para emprender e resolveu todas as dúbidas do alumnado participante en materia de emprendemento. A continuación estivo prevista a participación dunha persoa emprendedora. Nesta ocasión contamos con Luís López Fulgueira, xerente de Industrial Recense, que compartiu co alumnado a súa experiencia persoal, claro exemplo de crecemento, expansión e internacionalización dunha empresa familiar da Pontenova. Explicoulles a súa vivencia persoal como emprendedor, como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...
Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade. É unha acción formativa dirixida ao alumnado dos FP para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.
Sem comentários:
Enviar um comentário