Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde do hoxe.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
- Individuais: Xadrez e Damas;
- Parellas: Construcción de Puzzles;
- Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 2 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aeróbic na que participou todo o alumnado.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse a profesora de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:
- Xadrez: Angel Cayón (2º ESO A)
- Damas:Antonio Teijeiro (2º ESO B)
- Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (2º ESO A)
- Baloncesto Mixto: Equipo de 2º ESO A (David, María, Julián, Ángel, Antía e Kesia)
- Fútbol Sala Feminino: Equipo de 2º ESO B (Denilsa, Simone, Andrea R, Tania e Andrea S.)
- Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º ESO A (Clever, Pol, Miguel, Delvis, David, Adilson e Borja)
Sem comentários:
Enviar um comentário