O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O VII Concurso Galego de Robótica realizouse
durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da
Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas
o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura
científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun
robot que tiña que superar unha serie de retos.
O segundo premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Rosendo Arias Sante, Christian Reigosa Karageorgián e Carlos Santiago Vaz Febrero, alumnos de 1º ano do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.
Categoría de Bacharelato /ciclo medio:- 1º Premio IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra)
- 2º Premio IES Perdouro de Burela (Lugo)
- 3º Premio IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
- 1º Premio IES A Cachada de Boiro (A Coruña)
- 2º Premio IES nº 1 de Ribeira (A Coruña)
- 3º Premio IES Agra do Orzán (A Coruña) empatado con IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
- 1º Premio CEIP de Cervo (Lugo)
Noraboa o Rosendo, Christián e Carlos!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário