Barra de menú

12.5.15

Habilidades para o éxito

Habilidades para o éxito- Casa da Cultura de San Ciprián

O mércores 22 de abril os alumnos de 1º de Bacharelato participaron na xornada “habilidades para o éxito” 2015 dentro do programa de actividades de Reto Alcoa e Junior Achievement.
O obxectivo destas xornadas foi fomentar o autocoñecemento dos alumnos, desenvolver habilidades de traballo en equipo e establecer plans a corto e medio prazo para conseguir metas propostas.
A primeira charla foi a cargo de Aquilino Lousa (formador en crecemento personal). Falou da importancia do autocoñecemento. Dixo que as habilidades e rasgos de personalidade non teñen porque coincidir ou axustarse a un patrón determinado. Puxo unha táboa de dobre entrada en que se podía observar os seguintes rasgos: racional-emocional, introvertido-extrovertido. As posibles combinacións a que daba lugar podían axustarse a distintos perfís que buscan as empresas. Fixo un comentario a cerca de como reaccionamos as persoas. Nunha dinámica dixo aos participantes que cruzasen os brazos e algúns membros do grupo fixeron observacións aos seus compañeiros que o fixeran mal, posto que non se correspondía co modo en que eles os cruzaran.
Outra das claves das que falou foi a resiliencia, a habilidade de crecer a partir da superación de situacións negativas. Viktor Frankl foi unha vítima da persecución dos xudeos polos nazis. Estivo nun campo de concentración, e durante a súa estancia, a maior preocupación que tiña, era a sorte que puideran correr a súa muller, pais e irmáns que estaban recluídos noutro campo. Unha das frases máis importantes que dixo foi o erro que cometemos ao xulgar os demais. A partires desa situación de crueldade extrema, a máxima que aplicou á súa vida foi “non xulgar a menos de que tiveses a certeza absoluta de que nunhas circunstancias iguais ás da persoa xulgada, non actuarías do mesmo xeito".
Foi moi interesante tamén o tema da comunicación e a emoción. Recalcou moito a idea de que a comunicación sen vinculación emocional non consegue a recepción e a memorización da mensaxe. Invitounos a examinar os nosos recordos e analizar que acontecementos vitais recordamos e que papel xogou a vivencia dunha emoción para que pervivan na nosa memoria a través do tempo.
Tocou o tema da emoción, da fluctuación da mesma - non somos exclusivamente racionais - e enfatizou a importancia de incluír entre as nosas habilidades a intelixencia emocional. Nunha dinámica moi sinxela foi capaz de que as nosas emocións se disparasen e oscilasen entre distintos polos, só exercendo a imaxinación. Se imaxinamos algo que non fomos quen de resolver no traballo, experimentamos unha emoción vinculada. Se pensamos no que imos facer na próxima ponte, a emoción asociada é de felicidade e pracer. E se pensamos en como será o momento da nosa morte: sufrirei ou non sufrirei, como quedarán economicamente os meus fillos…Todo isto evidentemente, pertúrbanos. E o relator, satisfeito, dixo que dende o estrado puido ver como variaban as nosas expresións faciais en menos de cinco minutos, pasando dun polo a outro.
Foi moi interesante tamén o tema da imaxinación: non podemos controlar o funcionamento da nosa mente, moitas veces diríxese ata lugares escuros e que nos perturban. Invitounos a que fixésemos o experimento de deixar de pensar, ou borrar algún acontecemento da nosa memoria.
No que se refire ao tema da entrevista, dixo que o momento crítico nunha entrevista de traballo prodúcese cando se fai a pregunta: ti que estarías disposto a facer ou aportar á nosa empresa se te contratásemos. O momento no que se ten que concretar toda esa lectura positiva de aptitudes, intereses e valores. Se non o facemos e non resulta convincente sucede como nunha entrevista clínica na que un pai di que os seus fillos son o máis importante, pero cando se lle di canto tempo pasa con eles, sempre hai algo que lle impide compartir o seu tempo. Polo tanto é necesario na entrevista de traballo demostar interese, e que ese interese amosado se corresponda con actitudes e actuacións concretas que estaríamos dispostos a levar a cabo.
O segundo ponente foi Jaime Mosquera (Delegado da zona de Lugo y Ourense) da empresa Thyssenkrupp. Esta persona falou da necesidade de comunicar eficazmente.
Algunhas das dinámicas que se fixeron, foron os distintos estilos de comunicación (asertivo, pasivo e agresivo). Nunha dinámica cos rapaces tiñan que traballar grupalmente para decidir a celebración dunha festa de fin de curso. El adoptou un estilo agresivo, facendo que os rapaces que participaban se sentisen intimidados e desvalorizados. Despois analizou as consecuencias dos distintos estilos na aceptación ou rexeitamento por parte dos outros.
Fixo unha introducción a propósito da intervención do primeiro ponente, dicindo que o seu momento de gloria que nunca esquecerá foi unha actuación cun grupo musical de xuventude en Lugo. Nunca sentira unha emoción de ser adorado polos fans como esa, posto que eran teloneiros de Formula V e foran confundidos polas fans dese grupo.
A súa ponencia abordou tamén a impotancia da incorporación da muller a determinados postos de traballo nos que antes non estaba representada. E a sua testemuña da evolución do mercado laboral dende os anos 80, serviu para convencernos que os estereotipos sexistas en la elección de la carrera profesional están tendo menos presencia que antes. Dixo que a súa empresa demanda a incorporación de mulleres en postos de tecnicos de mantenemento.
Tratou tamén o tema da comunicación non verbal. A comunicación non verbal e o elemento mais auténtico que temos. Utilizamos a linguaxe verbal para aparentar o mentir, pero eso non o podemos facer coa linguaxe non verbal, a cal non podemos manipular e mostra a autenticidade das emocións e do que dicimos.
O último ponente foi o responsable de contratación e formación de PSA - Peugeot-Citroën.
Deu unha pequena introducción dos resutados de producción no sector da factoría. Despois falou do curriculum e da entrevista. Dixo que un dos erros mais frecuentes e facer currículums demasiado farragosos con moitas follas de información. Dixo que si a información non e concisa e éstá ben estructurada, eses curriculos no captaran a atención do personal de recursos humanos e o final non serán seleccionados. Recomendou organizar a información en catro corpos: Datos personais, formación académica, experiencia profesional e formación complementaria. Dixo que o curriculum non era un instrumento para aburrir e facer a información pesada. A finalidade da entrevista e aclarar e desenvolver todo eso que ti previamente puseches no curriculum.
Fixemos un pequeno estudo de casos no que se analizaba unha entrevista persoal por un candidato que pretendía traballar como mestre nun colexio.
Analizamos aspectos formais da entrevista. Forma de presentarse, forma de dirixirse ao entrevistador, importancia de non interrumpilo, forma de dirixirse a él. Abordou tamén os aspectos relacionados cos contidos na entrevista. Si falamos dos nosos logros académicos, ter a capacidade de recordar as asignaturas e os contidos que superamos. Mostrar coñecemento pola empresa na que queremos traballar. E importante previamente ter información sobre o sector, a política de producción, a forma de organización productiva…
Pódennos durante a entrevista, solicitar que fagamos algun rol playing no que apliquemos un programa (nese caso o candidato tiña que improvisar unha actuación dirixida a promocionar os hábitos saudables nun centro educativo). Improvisou algunhas actividades como podían ser darlle información os rapaces sobre a pirámide dos alimentos e a frecuencia con que se deben consumir e os aportes que fan ao organismo, a charla dun profesional sanitario que pode falarlles dos hábitos saludables e as consecuencias de hábitos nocivos en enfermedades cardiovasculares, ou oncológicas…
Este ponente resaltou tamén a necesidade que ten a factoria de cubrir postos de técnico e doutras categorías, pero especialmente desta, dentro da súa plantilla.
Outro dos consellos que se deron aos estudiantes foi a necesidade da competencia en idiomas estranxeiros (especialmente francés). Sen duda hai que mentalizarse que é un requisito que é imprescindible no mercado laboral.
En definitiva, foi unha oportunidade moi interesante para reflexionar sobre as habilidades e competencias que poden ser claves para lograr un emprego e que comenzamos a desenvolver na escola e no instituto a edades tempranas. Algunhas rapazas preguntaban si podían incluir as actividades complementarias  nas que participan, como os programas de radio, dentro do curriculum. Si pensades no que nos dixeron os ponentes especialistas no mercado laboral, creo que a resposta está clara.

José Ramón Leiva - Orientador

Sem comentários:

Enviar um comentário