Hoxe imos traballar como xestionar as emocións ante os exames.
Como te atopas cando tes un exame?
Como afrontas as épocas de avaliacións?
Pode ocorrer que te sintas nervios@, ou que sintas medo, ansiedade, ou calquera outra emoción negativa (das que che fan sentir mal).
É normal e é lexítimo todo o que sentes, pero tamén é importante que saibas que podes xestionar esas emocións negativas, para conseguir que afrontes as épocas de exames dunha forma menos estresante e moito máis adaptativa.
Mira a seguinte listaxe de accións que che axudarán:
- Acepta o que sentes.
- Recolle por escrito as emocións e pensamentos que tes de cara a un exame (se tes un diario emocional, xa podes aí).
- Fai exercicio catro horas despois de memorizar e axudarache a reter mellor o estudado.
- Durme e descansa, xa que durante o tempo de sono o cerebro recupérase do estrés do día e fortalece as conexións neuronais. Durante a fase REM do sono o almacén da nosa memoria (hipocampo) restáurase, transformando a memoria a curto prazo en memoria a longo prazo.
- Fai un bo uso da túa respiración (practica cinco minutos ao día para que cando chegue o momento, esta che axude de forma automática)
- Deixa o último momento libre; non repases.
- Non te rodees de conversas onde só se fale dos exames.
- Facer mindfulness de forma habitual axudarache nestes momentos.
E lembra, ti non es un resultado, nin te define unha nota.
Sem comentários:
Enviar um comentário