Achéganse as festas de Nadal, e é o momento de facer regalos; disto vai o post de hoxe.
Que regalos che fan máis ilusión recibir?
Que regalo é ese que non esqueces nunca?
Probablemente
son aqueles onde percibes o cariño e o amor da persoa que cho regalou,
sen ter nada que ver co seu valor económico.
Por isto propoñemos a seguinte actividade/regalo para este Nadal.
Pensa
nas persoas as que queres facerlles un agasallo, pensa no que
significan para ti, o que as queres, o que as respectas, en todo o que
che aportan e axudan no teu día a día.
Pois agora pensa en facer un
regalo para calquera delas. A condición fundamental é que o custo
monetario do regalo non poden ser de máis de 1 euro, o teu
obsequio terá moitísimo máis valor porque estará feito dende o corazón.
Propóñoche distintas posibilidades:
- Unha carta dicíndolle a esa persoa o que significa para ti, e todo o que lle queres agradecer
- Un audio en vez dunha carta (se se che dá mellor falar que escribir)
- Quizais poidas montar un vídeo que exprese todo o que querías dicirlle.
- Quizais es moi bo/a coas manualidades e poidas facer que transmita o que sentes por esa persoa.
- Unha foto especial cunha dedicatoria especial
- Ou calquera outra idea que se che ocorre.
A única condición é que lle dediques un tempo importante a pensar e crear o regalo. Será un tempo importante para ti.
Unha
vez elaborado o agasallo, elixe a data para facerllo chegar a esa
persoa. Sempre é mellor facer a entrega cara a cara pero, si non é
posible, faillo chegar de calquera outro xeito.
Esta é unha actividade xeradora de emocións positivas, moitas máis das que podes imaxinar.
Invítote
a tomar conciencia das emocións positivas polas que transitas mentres
preparas o regalo, e tamén das emocións positivas que xorden cando fas a
entrega do mesmo, e descubrirás que:
- os regalos máis valiosos non son os que máis custan.
- dedicar tempo a xerar emocións positivas con actividades como esta axudan ao benestar emocional.
Sem comentários:
Enviar um comentário