O alumnado de 4º ESO de Iniciación á Actividade Empresarial e Emprendedora e de Economía do mesmo curso e de 1º de Bacharelato comezan o 13 de marzo unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos da Mariña.
Este cartel é da autoría de Shiva Eliska Alinda Nurhakim de 4º ESO B e estes días veredes outros polo instituto tamén realizados por alumnado das materias citadas anteriormente para recordarvos que é necesaria a vosa colaboración.
Durante os recreos poderedes entregarlles pasta, legumes, fariña, arroz, azucre, aceite, leite, conservas... A recollida rematará o 14 de abril.
Sem comentários:
Enviar um comentário