O luns 19 e o martes 20 de xuño celebrouse a IIª feira Tecnocienciarte, onde tivo cabida a tecnoloxía, a ciencia, as artes e, por suposto, as linguas.
O percorrido constaba de 17 postos nos que o alumnado mostraba os resultados do seu traballo durante o curso:
- Bingo da francofonía: 1º Bacharelato
- Unha viaxe por Francia: 3º ESO
- Ciclo Medio de Instalación de telecomunicacións: froitas musicais, carreiras de leds, instalación eléctrica dunha vivenda etc.
- Ciclo Medio de Peiteados e Cosmética Capilar: peiteados pin-up, coloración capilar, creacións de uñas pin-up e peiteados masculinos dos anos 50.
- Barco solar e coche solar de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato e App's xeniais con App Inventor de Educación Dixital de 3º ESO.
- Rampa de bólas, xogo de operación, estruturas de papel e videoxogos de Scratch de Tecnoloxía de 1º ESO.
- "Océano", escultura en suspensión de Tecnoloxía de 1º ESO.
- Competición de cubos de Rubik
- Proxectos de Tecnoloxía de 2º ESO: estruturas con variñas de papel, ábacos etc.
- Trituradora de tapóns e extrusadora de plástico do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial.
- Maquetas sobre a Prehistoria de 1º ESO
- Audioguía multilingüe de Lisboa de Lingua castelá e Xeografía e Historia de 4º ESO B2
- Esculturas na contorna de Ed. Plástica de 4º ESO e instrumentos musicais elaborados con plásticos de Música de 3º ESO.
- Cristalización do bismuto de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato.
- Mesas de cultivo, composteiros e aproveitamento das augas pluviais de Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe.
- Invernadoiro construído cunha estrutura geodésica e obradoiro de fractais de Tecnoloxía e Matemáticas de 4º ESO.
- Recital en hologramas de Tecnoloxías da Información e a Comunciación e Literatura galega do século XX e XXI de 2º de Bacharelato.
A feira estivo moi concorrida xa que foi visitada por todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro, polo alumando de 6º de Ed. Primaria do CEIP Virxe do Carme e polas familias.
Podedes acceder ao álbum de imaxes AQUÍ.
Sem comentários:
Enviar um comentário