Hoxe remata un curso intenso e cheo de emocións tanto positivas como negativas; pero, recordade, todas elas necesarias e útiles.
Dende o IES Perdouro e dende “os mércores de emocións” desexámosvos:
- Que sexades vós mesmos/as.
- Que fracasedes, aprendades e vos ergades de novo.
- Que elixades o voso camiño profesional e tamén o cambiedes cando queirades.
- Que vos defendades cando alguén vos ataque.
- Que saibades buscar axuda se non sabedes defendervos sós.
- Que vos fagades respectar.
- Que elixades as vosas parellas.
- Que terminedes as relacións cando estas non funcionen.
- Que saibades que ninguén é mellor nin peor que vosoutros/as.
- Que tedes dereito a todo na vida, que non renunciedes a nada.
- Que sexades responsables dos vosos actos e decisións, pero sen culpas.
- Que aprendades a aceptar as cousas como veñen en lugar de resignarvos ou resistirvos.
- E por último…. que teñades un BO VERÁN!!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário