No IES Perdouro, quixemos plasmar nunha viñeta os protagonistas da familia Trapisonda de Ibañez. Para iso, inspirámonos no traballo da artista galega de banda deseñada, Bea Lena, recén galardoada no Festival de BD de Angoulème coa súa obra Corpo de Cristo. Ela borda os seus debuxos en formato téxtil.
Un grupo de alumnado de 4º ESO confeccionou empregando a técnica das arpilleiras (cosendo a man e a máquina, bordando e pasando o ferro) os elementos que ían compoñer a viñeta de 95x75cm. Os retais foron doados por Arranxos a quen agradecemos moito a súa xenerosidade. En definitiva, fixemos un traballo cooperativo de custo cero.
Tamén participamos cunha viñeta nunha tira cómica colaborativa, Supermariña e Martiño, entre os 20 centros que forman a Microrrede. O resultado final desta aventura poderá verse na exposición da Sala de Multiusos do Concello do Viveiro.
Ademais, temos feitos uns xogos para medir os teus coñecementos en canto a personaxes de BD. Aceptas o reto? Adiante.
XOGO 1 . Heroes e heroínas de BD
XOGO 2: Personaxe de BD francófonos
Sem comentários:
Enviar um comentário