Barra de menú

3.5.24

I Semana do Benestar emocional e a Convivencia: charla sobre resiliencia

O luns 8 de abril veu ao instituto, co gallo da Semana do Benestar e a Convivencia, Raquel Marqués, unha muller de 35 anos con discapacidade visual. Xunto a ela viña tamén a súa cadela guía, Estela. Durante a charla, Raquel explicounos todas as dificultades que tivo que pasar para poder lograr facer o que ela quería. Durante a súa vida estudou dúas carreiras, Enfermería e Fisioterapia, e tivo diversos traballos como: dependenta, camareira en discotecas, azafata promocionando bebidas, nunha residencia de maiores... 

Actualmente Raquel ten parella e un fillo de dous anos, cos que vive en Foz. Ela aportounos unha ensinanza moi valiosa: que hai que esforzarse para conseguir o que queiras por moitas dificultades que che poña a vida por diante. Tamén nos dixo que a sociedade te valora pola discapacidade e non pola capacidade, algo sen dúbida moi inxusto para os que a sofren. Por sorte, para poder enfrontarse a todos os problemas da sociedade actual, sempre contou co apoio da súa familia e dos seus amigos. 

Podedes ver a foto aquí.

Aleixo Fernández Maseda – 3º ESO A

Sem comentários:

Enviar um comentário