A asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC este xoves 7 de marzo unha
charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades
mentais.
Mentálizate é unha
campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental e
enfermidades mentais. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional
vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos.
Pretende promover hábitos e estilos de vida saudables e a prevención de
problemas de saúde mental, concienciando aos máis novos sobre o perigo
de certas condutas de risco como o consumo de tóxicos.
Sonia Nogueiras Oroza, psicóloga do centro de axuda ao enfermo mental, e Vanesa García Cayón, educadora social, explicaron o noso alumnado que a enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente, que en parte pode prevenirse coa axuda de todos, colaborando na detección precoz de síntomas, educando en habilidades interpersonais para prevenir as condutas de risco, como o consumo de cannabis e outras drogas, e fomentando hábitos de vida saudables. Ademais fixeron especial fincape nunha actitude positiva hacia aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e hacia os seus familiares co propósito de evitar e eliminar a discriminación e prejuizos hacia estas persoas.

Sem comentários:
Enviar um comentário