A exposición Roberto Vidal Bolaño, coa que a Xunta de Galicia conmemora a figura homenaxeada polas Letras Galegas 2013, fai parada en Burela do 23 de setembro ao 10 de outubro, no marco da itinerancia que está a ter durante este ano por un total de 14 localidades nas que se radican concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e bibliotecas nodais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mostra está conformada por 10 paneis con imaxes e textos sobre os espectáculos, personaxes e obras do dramaturgo.
O alumnado de 4º de ESO asistirá ao acto de clausura da mostra que terá lugar o mércores 9 de outubro ás 12:30 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Neste acto participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, José González Barcia; o presidente de honra da Asociación Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez, e máis o xefe territorial de Cultura e Educación, José Jesús Ramos Ledo. Ademais Manuel Quintáns Suárez (especialista en teatro) dará unha pequena charla aos asistentes arredor da vida e da obra de Vidal Bolaño.

Sem comentários:
Enviar um comentário