Hoxe, mércores 9 de outubro
, o alumnado de 4º de ESO acompañados por Santiago Pérez Docobo, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do ENDL e polo seu profesor de lingua galega, Bernardo Penabade, estivo presente no acto de clausura da exposición sobre Roberto Vidal Bolaños na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, José González Barcia; o presidente de honra da Asociación Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez, o xefe territorial de Cultura e Educación, José Jesús Ramos Ledo e Xosé Luís Ansemil Moreira, Coordinador territorial EDLG da provincia de Lugo.
Sem comentários:
Enviar um comentário