Barra de menú

22.1.14

A Mariña emprende - proxecto para fomentar o espírito emprendedor

Tal como se recolle na nota de prensa da Consellería, hoxe asistimos á presentación de A Mariña emprende , proxecto que forma parte do plan Eduemprende. A Consellería de Cultura, Educación e OU, Alcoa e El Progreso son as tres entidades que impulsarán este curso o emprendemento entre o alumnado de 8 centros educativos da zona, en concreto nos IES Illa de Sarón (Xove), Marqués de Sargadelos (Cervo); María Sarmiento e Vilar Ponte (Viveiro), Perdouro e Monte Castelo (Burela), no IES de Foz e no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga (Ribadeo).

O obxectivo é estimular o espírito emprendedor entre os estudantes do último ciclo de ESO -3º e 4º cursos-, Bacharelato e Formación Profesional como forma de favorecer a súa empregabilidade e de favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal. Para iso, desenvolveranse diferentes actuacións de sensibilización e formación, dirixidas tanto ás alumnas e alumnos como ao seu profesorado. Ademais celebrarase un concurso de ideas cuxo premio será financiamento para sacar adiante un proxecto de empresa.

O xornal El Progreso será quen, tanto na súa edición en papel como na dixital, publique as informacións relacionadas co proxecto, así como dous monográficos centrados no seu desenvolvemento e unha publicación específica sobre o mesmo para a difusión da cultura do emprendemento entre todo o estudantado galego.

Maís información, na web de FP en Eduemprende.

Sem comentários:

Enviar um comentário