Barra de menú

23.1.14

Proximamente Carlos Reigosa no Perdouro

CARLOS G. REIGOSA, ESCRITOR MODELO BURELA POR UN DÍA

Carlos G. Reigosa, o autor de Crime en Compostela (Premio Xerais), Os homes de Tras da Corda, Pepa a Loba ou Intramundi, participará nun encontro co alumnado do Instituto Perdouro. O escritor será protagonista dun encontro cultural “Modelo Burela”. O evento celebrarase entre as 11:30 e as 13:10 horas do día 7 de febreiro, na biblioteca do Instituto Perdouro e nel participará alumnado de ESO e Bacharelato.

Carlos G. Reigosa Sende repasará cos lectores e lectoras a súa traxectoria literaria, centrándose especialmente Intramundi, obra centrada na transformación socioeconómica das terras comprendidas entre Mondoñedo, Meira e Abadín.

Ao rematar o encontro o alumnado aproveitará a ocasión para pedirlle ao autor convidado a dedicatoria dos seus exemplares.





Aproveitando a viaxe de Carlos Reigosa á Mariña, o Instituto Perdouro programou unhas xornadas de Animación á Lectura centradas na obra do escritor da Pastoriza. Os encontros coas persoas adultas interesadas celebraranse na Biblioteca do centro os mércores 29 de xaneiro e 5 de febreiro, ás 20: 00 horas.

A experiencia “Modelo Burela” de contacto directo entre escritores e escritoras coa audiencia das súas obras leva en vigor varios cursos académicos baixo a organización da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Nela xa participaron os escritores galegos Xosé Neira Vilas, Séchu Sende e Ramón Blanco; así como o madrileño Matías Escalera. Ademais do fomento da lectura e da escrita literaria, con estes encontros tamén se pretende a posta en valor da interculturalidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário