O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O VI Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot que tiña que superar unha serie de retos.
O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Francisco Fernández, Joao Landim e Claudemir López. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicación no I.E.S. Perdouro de Burela.

Hoxe, as 18h00 fíxose entrega dos premios co seguinte resultado:
- 1º premio : IES a Cachada de Boiro - 56 puntos
- 2º premio: IES Ramón María Aller - 52 puntos
- 3º premio: IES Otero Pedrayo de Ourense - 50 puntos
Categoría BAC e Ciclos:
- 1º premio: IES Perdouro de Burela - 66 puntos e 2 grupos de 55 e 44 puntos
- 2º premio : IES San Tomé do Freixeiro - 45 puntos
- 3º premio: IES Francisco Asorey - 43 puntos
Noraboa o Fran, Joao e Claudemir!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário