Cristina Cigarrán, Aitana García, Elena García e Aitor López forman o equipo que representará o centro na quinta edición do Parlamento Xove.
Este fin de semana (14 e 15 de febreiro), o noso equipo viaxará ata Bergondo, no pazo de Mariñán, para asistirr á primeira sesión do debate preliminar para os equipos de Bacharelato. O noso equipo liderado pola súa profesora de Historia, Brixida Pino, terá que sacar os mellores argumentos para defender a súa postura frente aos colegas dos outros centros de Galicia sobre a seguinte cuestión: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?
Nesta competición de debate os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregarán a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo estará composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas deberán investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.
Desexámoslle moita sorte!!!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário