Eficiencia enerxética con Gaia no IES Perdouro
As
monitoras do Centro Gaia do Concello burelés levan a cabo no IES
Perdouro actividades de sensibilización sobre o aforro enerxético e a
eficiencia enerxética para alumn@s de 4º de ESO e PDC. Este martes 1 de
decembro foi a primeira das tres charlas que se desenvolven ao longo
desta semana. Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª
Ben, “estas actividades pretenden sensibilizar á sociedade en relación
co aforro como camiño para avanzar cara un escenario de consumo
enerxético responsable que contribúa a asegurar un sistema enerxético
sustentable en liña cos obxectivos europeos”.
Sem comentários:
Enviar um comentário