Os alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado e de FP Básica viaxaron ata Ferrol para visitar Navantia, un estaleiro de construción naval militar.
Os alumnos puideron ver o funcionamentos dos
tornos, fresadoras e outras maquinarias que empregan para mecanizar as grandes pezas que se
necesitan para construír embarcacións. Logo, percorreron en autobús
distintos diques de construción e reparación. Explicáronlles como se constrúe un barco por compartimentos, grandes cubos, que
se dedican a cociña, a camarotes, a comedor, etc e que se van colocando
na embarcación no dique de construción. Unha visita interesante e impresionante pola amplitude das súas instalacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário