Somos parte da Microrrede de Bibliotecas Escolares Plambe da Mariña e como todos os anos, chegou o momento do proxecto anual de fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O tema escollido pola Microrrede é "EscribirARTE na Mariña".
No IES Perdouro, propuxemos coñecer a obra da artista Lynn Giunta, gurú do papel cortado, heroína artística coas palabras que se presta moi ben á temática elixida.
Inspirándonos na obra da artista estadounidense, o alumnado de 1º ESO confeccionou unha tarxeta ilustrada escollendo unha palabra motivadora ou emocionalmente positiva. Empregando lapis, tesoiras e papeis recortados, deron vida ás palabras a través da elección de cores e do collage. No interior da tarxeta, hai unha composición de creación propia (poesía, acróstico, regueifa, microrrelato) alusiva ás emocións positivas.

Foi unha boa oportunidade para divertirse creando e tal vez aprender algo novo. Bonito reto tanto plástico como literario.
O noso mural exposto en Viveiro, recolle parte do traballo que atoparedes no seguinte libro.
Sem comentários:
Enviar um comentário