19.12.12

Presentación do libro de Antón

Acompañado por Suso Fernández -Cronista Oficial- e por  Bernardo Penabade, o profesor Antón Niñe presentou un novo libro. Baixo o título ‘Fondós, de escola a gardería infantil’, a obra recolle unha profunda investigación sobre a historia do edificio desde que fora mandado construír en 1749 por Pascual Villapol, un focego emigrado ao Perú.


No acto, que contou cunha nutrida representación do profesorado do IES Perdouro como tamén doutros centros educativos da Mariña, o Cronista Oficial de Foz definiu a Antón Niñe como "entusiasta estudoso do pasado do noso concello e de consideracións que teñen que ver con aspectos que reflicten cuestións referidas aos valores humanos, culturais e sociais da nosa xente" e dixo que a obra "significa a recuperación da memoria do que, para nós, constitue un dos episodios mais transcendentes e gratificantes do currículo do noso pobo; acontecemento histórico do que os focegos temos moi vagas referencias, pouco mais alá de que na súa escola foron ensinantes dous mestres ilustres: Noriega Varela ou Salgado Toimil ou que en tempos a planta baixa utilizouse como depósito dos presos".


Outras referencias sobre a obra:

1) REPORTAXE SOBRE O ANIVERSARIO DA ESCOLA

2) ARTIGO DE OPINIÓN (SUSO FERNÁNDEZ)

3) ARTIGO DE OPOINIÓN (BERNARDO PENABADE)

2 comentários:

  1. Estas fotos están ben lindas. O que se bota en falta é un pequeno comentario a cada unha delas. Ao menos para saber quen son esas persoas ou a quen representan.

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes, que xa nos poñemos a identificar os asistentes. Saúdos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...