Conferencia aberta a todas as familias de adolescentes ou preadolescentes. É preciso anotarse chamando ao 982 87 01 02.
Non faltedes á cita. Vémonos na biblioteca do IES Perdouro.
Mércores 08/05/2024 ás 18h30Conferencia aberta a todas as familias de adolescentes ou preadolescentes. É preciso anotarse chamando ao 982 87 01 02.
Non faltedes á cita. Vémonos na biblioteca do IES Perdouro.
Mércores 08/05/2024 ás 18h30O alumnado de 2º ESO preséntanos a súa vida en libros. Coa axuda da súa profesora de Lingua Castelá, Mª José Andión, elaboraron maquetas ou murais nos que colocaron nunha árbore os libros que influíron neles desde a súa máis tenra infancia ata a actualidade. Logo teñen que expoñer esas lecturas emocionantes aos seus compañeiros de clase.
As árbores están expostas por distintos lugares do centro. Son unha preciosidade!
O venres día 5 de abril fomos de excursión a Samos, para ver o Mosteiro de San Xillao. Cando chegamos, deixáronnos media hora para explorar un pouco a vila e despois reuníronnos nas portas do mosteiro; aquí, explicáronnos datos sobre a fachada (estilo, referencias...), a historia do mosteiro e como viven os monxes que habitan aquí.
A continuación fomos á Capela do Ciprés, para explicarnos a súa historia tamén. Despois tornamos ao mosteiro para realizar a visita guiada cunha rapaza moi simpática, que nos explicou a historia, tanto da arquitectura coma dos murais.
Ao rematar, camiñamos ata o restaurante A Veiga para comer e poder ter tempo libre despois, antes de volver cara ao autobús e seguir a nosa viaxe.
Laura Eijo – 3º ESO B
Logo visitamos O Cebreiro, unha pequena localidade por onde pasa o Camiño de Santiago.
Ao chegar alí, comezamos a xogar coa neve ata que chegamos ao albergue do Cebreiro. Ao seu carón, explicáronnos que un albergue é un lugar onde a xente que vai facer o Camiño de Santiago, é dicir, os peregrinos, se quedan a pasar a noite se xa acabaron a etapa que lles tocaba facer ese día.
A continuación, tiñamos a intención de entrar nel pero non puidemos xa que a persoa que está a cargo non estaba presente nese momento. Despois do albergue fomos ata a igrexa. Esta igrexa chámase de Santa María e é unha igrexa prerrománica. Tamén nos falaron dun busto que había xusto ao lado da igrexa. Dixéronnos que o que estaba alí representado se chamaba Elías Valiña, que foi un sacerdote e escritor español, que pintou frechas amarelas por todo o Camiño de Santiago, desde Roncesvalles, para facilitar o percorrido aos peregrinos. Foi unha persoa moi importante á hora de dar a coñecer o Camiño. Estiveron contándonos algunha cousa máis sobre a igrexa e logo marchamos.
Por último, fixemos un pequeno tramo do Camiño, dende a igrexa ata o límite con Castela e León que haberá algo máis dun quilómetro. Alí, as persoas que quixeron cruzaron a fronteira e tamén nos explicaron que esa era a fin do tramo que iamos percorrer e a continuación volvemos para deixar O Cebreiro atrás.
Podedes acceder ás imaxes aquí.
Diego Anello e Antía González – 3º ESO A
O taller comezou coa explicación dos ingredientes das larpeiradas: neste caso en concreto usamos a mandarina e unha xelatina chamada agar-agar. De seguido, explicáronnos o proceso de elaboración que iamos seguir. Os pasos foron moi sinxelos: primeiro de todo había que espremer a mandarina e despois escoala. Cando xa a tíñamos líquida, puxémola ao lume coa xelatina. Unha vez feito isto, baleiramos o contido nuns moldes con formas e deixámolos arrefriar ao redor duns vinte minutos. Como último paso, deleitámonos con elas.
Podedes acceder as fotos aquí.
Antía Domínguez Piñeiroa - 1º ESO AB
Tras saír do instituto a primeira hora, dirixímonos cara a área xeolóxica do Perdouro, onde observamos diferentes tipos de pregamentos e formacións xeolóxicas coma os arcos da “igrexa de Coedo”. Nesta etapa da ruta, Canosa explicounos a orixe e importancia dos monumentos xeolóxicos que se atopan en Burela. Comentounos como as rochas que forman a nosa paisaxe foron orixinadas hai 500 millóns de anos en praias preto da Antártida e, despois de movementos tectónicos e procesos de erosión, preséntanse hoxe en día a simple vista.
A continuación, Canosa recalcou a importancia xeolóxica da nosa vila, pois constitúe un límite de recoñecemento internacional no que remata a rasa cantábrica, composta principalmente por rochas metamórficas, coma a lousa e a cuarcita, e comeza o litoral granítico que se estende cara o oeste de Galicia. Esta distinción converte a Burela nun geosite de interese mundial.
Logo, exploramos a xeoloxía granítica dirixíndonos cara á praia da Marosa mentres nos detiñamos de cando en vez para atender ás explicacións de Canosa. Durante esta etapa, apreciamos as diferenzas do litoral da rasa cantábrica cara ao leste e do granítico dende unha nova perspectiva. Observamos tamén diferentes formacións en bloques de granito, coma pías ou pedras cabaleiras formadas pola erosión do vento en combinación coa auga e o salitre, destacando a “pena do neno”, denominada así pola forma que inspira dun meniño deitado.
Continuamos descubrindo diferentes estruturas costeiras como faias e as distinguidas diáclases ortogonais da Marosa. Así, rematamos a interesante xeorruta con Fran Canosa, que puxo en valor como se merecen as distintas áreas xeolóxicas de Burela.
Para ver máis fotos preme aquí.
Carla Paz Trelles - 4º ESO A
Convocamos os Concursos anuais da Asociación Cultural Os Matos.
Tedes ata o 20 de maio para participar.
Entregaremos dous premios en cada categoría.
Lembra: en lingua galega.
XVII Concurso literario
+ de relato curto
+ de poesía
XVI Concurso de Imaxe
Ver bases aquí.
Tamén
estamos á procura dos mellores debuxos ou composición fotográfica de
temática libre para a portada e contraportada da revista escolar Maruxía
n°30.
Tedes ata o 20 de maio para participar. Lembra: en lingua galega.
O alumnado de 1º e 2º ESO, profesorado e persoal non docente está convocado a participar na carreira que contará coa axuda do CM de Xestión Administrativa na súa organización.
Pídese ás familias que actúen como patrocinadores e aporten os seus donativos. Cantas máis voltas se dean ao circuíto que se establecerá no camiño dos Colexios, maior será a doazón para a Fundación Unoentrecienmil.
Esta fundación leva dez anos aportando fondos para a investigación contra a leucemia infantil, que é o tipo de cáncer máis frecuente durante a infancia. Avanzouse moito durante estes dez anos e queremos que o avance sexa o máis rápido posible. Fixéronse cambios no protocolo de tratamento da leucemia infantil en toda España e agora sabemos que o deporte axuda á curación, que a leucemia ten un compoñente xenético e que isto pode favorecer a prevención.
Corremos por unha boa causa. Colabora con ela enviando o teu donativo ao centro a través da túa filla ou fillo ata o venres 5 de abril.
Aberta a todas as familias de adolescentes ou preadolescentes. É preciso anotarse chamando ao 982 87 01 02.
Non faltedes á cita. Vémonos na biblioteca do IES Perdouro.
Mércores 10/04/2024 ás 18h30