11.11.24
Apúntate ao obradoiro de decoración de Nadal con arxila!
10.11.24
Novembro: mes da ciencia en galego
O profesorado interesado ten a continuación os enlaces para as videoconferencias co seu alumnado:
Augusto Pérez Alberti: https://youtube.com/
Begoña Vila Costas: https://youtube.com/
Ana María Ulla: https://youtube.com/
Se queredes participar realizando algunha pregunta, tedes tamén a continuación o enlace para subscribirvos á canle de Youtube de Igaciencia. Se non vos subscribides, non poderedes facer preguntas. Ademais, debe subscribirse un docente que transmita as preguntas do alumnado, non o alumnado. O profesorado é quen debe controlar o chat, non deixar ao alumnado escribir nel.
Augusto Pérez Alberti, Catedrático de Xeografía Física Ad Honorem (USC). Investigador independente. Día 12 de novembro ás 12h.
Begoña Vila Costas, Dra en Astrofísica, Enxeñeira Xefe de Sistemas no centro da NASA GSFC, segundo o Faro de Vigo "A muller que ilumina o Universo" Título “O Universo e a exploración espacial”. Día 19 de novembro ás 12 h.
Un breve resumo: A observación do Universo avanzou moito desde as primeiras observacións co telescopio de Galileo Galilei. Agora sabemos doutras galaxias, outras estrelas e outros planetas arredor delas pero aínda temos un montón que non sabemos: como se formaron as primeiras galaxias e estrelas e como evolucionaron para formar aquela na que vivimos?; como se formou un planeta como o noso e pode haber outro con auga e vida?; que pode ser a materia escura e a enerxía escura? Os novos telescopios espaciais como o James Webb, o Nancy Grace Roman e o Telescopio de Mundos Habitables e outros que exploran o noso Sistema solar buscan os datos que nos poden axudar a atopar as respostas.
Begoña é a James Webb Space Telescope Fine Guidance Sensor Systems Lead e a Nancy Grace Roman Space Telescope Systems Engineer
Ana María Ulla Miguel, catedrática de Astrofísica da UVigo, Dia 26 de Novembro ás 12h. "Non hai estrelas sen noite escura"
Resumo: O ceo é a nosa ventá ao universo, e a todo o coñecemento que da súa observación pódese derivar. De día, o Sol permítenos facer astronomía diúrna, e de noite as estrelas, galaxias, planetas e restantes corpos celestes achégannos aos confíns do universo mesmo. Nesta charla repasaremos algúns avances recentes en astronomía e astrofísica, no contexto adverso que a contaminación luminosa supón, tanto para a observación astronómica como para a saúde e o medio ambiente.
5.11.24
Participamos na IVª edición do concurso "Ciberseguridade no cole!"
4.11.24
Día da Saúde Mental 2024
O alumnado de 3º ESO de Educación en Valores Cívicos e Éticos preparou un vídeo para conmemorar o Día da Saúde Mental, que se celebra o 10 de outubro. Coa axuda da súa profesora Lara Oliveros dannos algúns consellos para coidar o noso benestar emocional.