O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O V Concurso Galego de Robótica realizouse
durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da
Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e
alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a
cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na
programación dun robot que tiña que superar unha serie de retos.
O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Raúl González Moirón, Sony Monteiro Lopes da Silva e Francisco Javier Díaz Soto. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Hoxe, as 18h00 fíxose entrega dos premios co seguinte resultado:
- 1º premio : IES Francisco Asorey - 57 puntos
- 2º premio: empates de 50 puntos: IES A Cachada, IES de Tomiño (3), IES Canido
Categoría BAC e Ciclos:
- 1º premio: IES Perdouro de Burela - 54 puntos
- 2º premio : IES Pontepedriña - 50 puntos
- 3º premio: IES Sofía Casanova - 46 puntos - empatado co IES de Sabón de Arteixo
Sem comentários:
Enviar um comentário