Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos,
Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso
alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en
diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores,
teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado luns, día 3 de novembro.
O axente Peña explicoulles a necesidade de implantar na súa rutina
diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e
intimidade e evitar a comisión de delictos. Incidíu en que é necesario
educar no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e
persoais. Fixo tamén fincapé no perigo de facilitar datos persoais e
íntimos a descoñecidos e na
necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera
contido estrano e/ou ameazante que detecten en Internet.
Sem comentários:
Enviar um comentário