O mércores, 21 de xaneiro, os alumnos de 1º de bacharelato e 3º PDC visitaron a escola antiga de Vilastrofe en San Román. Ao chegarnos alí, fomos recibidos na entrada do recinto por dous homes, Paco e Leandro. Estes leváronnos a un salón, e nel puidemos ver un curto vídeo de presentación duns actos de celebración do centenario da escola. Entre a información do audiovisual e a presentación do profesor Antón Niñe, soubenos que Leandro Ríos é o presidente da Comunidade de Montes e que Paco Piñeiro sería o ensaista que nos ía contar a "historia" desa escola. O profesor Piñeiro contounos que a escola foi construída no ano 1915 por un home chamado Manel Candia que emigrou a Bos Aires. Posteriormente, arriscando a súa vida, e co diñeiro que gañou vendendo polas rúas, trasladouse ao sur de Arxentina e gañou unha fortuna. Así foi como mandou cartos co obxectivo de construír a escola. Cando xa coñeciamos o mecenas, a seguir fomos pasando por todos eses salóns vendo e recollendo explicacións dunha exposición de fotografía. O que máis me chamou a atención foi que grazas a esa escola unha nena conseguiu a seu soño: que puxesen un reloxo que anunciase a hora a todo o vecindario desde a fachada da escola. O profesor Paco Piñeiro díxonos que o señor Candia foi unha boa persoa, xa que traballou en favor da súa xente máis próxima.
Crónica de Silvera
Sem comentários:
Enviar um comentário