12.5.15

Proxecto mocidade contra a violencia de xénero

A actividade de mocidade contra a violencia de xénero, consistiu nun obradoiro para os alumnos de 4º de ESO e Ciclo medio de xestión administrativa, onde se fixo unha mesa redonda sobre distintos aspectos. Fundamentalmente foron, o proceso de socialización na formación da identidade de xénero. O problema da violencia de xénero, as distintas fases que ten e os perfís masculino e feminino cando se da esta situación. Abordaron tamén o tema da explotación sexual femenina. Actitudes sexistas que inconscientemente damos por normalizadas. E acabaron por desmontar o mito do amor romántico que tanto daño fixo e está a facer na sociedade.
No que se refire ao primeiro punto a tratar produciuse unha exposición moi interesante sobre as diferencias de representación dos sexos na vida pública, nos altos cargos da administración, nos postos relevantes do consello de administración de multinacionais, nas xefaturas dos gobernos das nación e en xeral nas institucións e organismos dos estados.
Reflexionouse tamén sobre as diferencias salariais existentes, sen que haxa ningunha causa basada no desempeño profesional ou na formación, só exclusivamente polo feito de ser muller.
Debateuse cos alumnos as medidas de discriminación positiva. Invitoúselles a facer unha reflexión o porqué da existencia dunha lei de igualdade e de medidas de discriminación positiva hacia a muller. Tivo que ser así porque os condicionantes históricos, ata fai relativamente moi pouco tempo, implicaban discriminacións de todo tipo na liberdade e nos dereitos das mulleres. No caso de España por exemplo nun matrimonio a muller necesitaba o consentemento do seu marido para calquera actuación, mentras o home podía decidir ata dar os fillos/as en adopción sen o consentimento dela. O marido ata a década dos 70 podía dispoñer dos bens comúns sen o consentimento da súa muller, so coa excepción de inmuebles e establecementos mercantís. A muller por contra tiña que pedir ao seu marido permiso para traballar, cobrar o seu salario, ejercer o comercio, abrir contas correntes en bancos, sacar o seu pasaporte…
Historicamente tamén ata a década dos 70 había profesións e estudios restrinxidos á muller como podían ser: a carreira xudicial, o ministerio fiscal. So podían realizar estudos relacionados co ensino primario, enfermería, correos ou comercio.
O tema da sociedade androcéntrica onde a muller e considerada como unha propiedade do pai e logo do marido, e que sempre ten que estar baixo a súa tutela e protección. A asignación de roles e reparto de tarefas, onde a vida pública e laboral queda reservada o rol masculino e a vida doméstica e asignada a muller. Os valores que se desprenden desta organización social están reflexados nos rasgos de personalidad atribuidos a muller: docilidade, volubilidade, ansiedade. Mentras que os masculinos son racionalidade, frialdade, ausencia de emotividade, competitividade.
Non so a muller foi vitima desta organización, senon que o home se lle privou de poder realizarse emocinalmente ao ter vedado a expresión de afectos ou facer mostras públicas de afecto. Ramón un dos ponentes falaba dos grupos de autoaxuda que están a facer en moitos lugares para paliar todos estos procesos de socialización dos que fomos vítimas todos. Concretamente facía referencia a casos de homes que lles sirve de axuda para compensar o duelo que experimentaron cando na súa infancia non puideron dicirlle ou amosarlle ao seu pai cariño, ou darlle un abrazo. Falaba tamén de cómo ata certos profesionais do mundo da educación acuden a estas sesión para corrixir a forma que poden ter de dirixirse aos alumnos, condicionados por esos prexuizos que se instalaron no noso subconsciente e que influen a nosa conduta sin darnos conta.
Fíxose fincapé tamén no tema da corresponsabilidade no fogar, nas tarefas domésticas. A necesidade de articular fórmulas que fagan efectiva a conciliación familiar. Análizaronse cifras de mulleres que teñen que abandonar as súas profesións ou carreiras laborais para asumir en solitario o cuidado dos seus fillos, cando este problema que debería ser compartido en igual proporción apenas condiciona as carreiras profesionais dos homes.
O traballo doméstico da muller supón un traballo non recoñecido e non remunerado.
Unha vez encuadrado o porqué dunha lei orgánica para igualdade efectiva entre homes e mulleres (lei 3/2007 de 22 de marzo). O seguinte tema foi o da violencia de xénero. Volveuse a repetir a explicación do ciclo da violencia (acumulación de tensión, violencia, arrepentimento ou lúa de mel).
Os tópicos que se abordaron foron os seguintes: son realmente enfermos mentais os maltratadores? Pódese cambiar a conduta dun maltratador? Cales son os indicios nas primeiras relacións que teñen os mozos, de que unha parella é un potencial maltratador.
As respostas foron, todo maltrato amosa unha serie de rasgos comuns nas súas primeras etapas de noviazgo, que son: celos infundados, desexo de controlar a vida da parella, imposición de criterios sobre a forma de vestir, as amizades ou o que está permitido ou non permitido nas relacións sociais.
Alertaron as rapaces que un control enfermizo e un intento de illamento da parella son os síntomas claves que detectan unha relación que vai a rematar en maltrato.
Os maltratadores non son enfermos mentais posto que esa agresividade so vai dirixida á muller. Non soen ser violentos en outros contextos. Sempre cando hai unha morte dunha muller, os testimonios dos coñecidos son que era unha persoa encantadora. Esa violencia polo tanto e froito dunha mentalidade machista distorsionada (influenciada por esas pautas de socialización patrialcal) e non se xeneraliza ni ao traballo nin noutros contextos.
Respecto ao tema de si se pode cambiar a unha persona, foron categóricos. Unha persona ten unha serie de valores e prexuizos que rixen a súa conduta. Se nos queremos cambiar a alguén, e que non o estamos aceptando como tal. Iso está condenado ao fracaso posto que implica a non aceptación da naturaleza dunha persoa.
Respeto ao ciclo da violencia, empezaría cun sentimento de frustración ou complexo de inferioridade, esta falta de confianza é canalizada en forma de violencia hacia a parella, unha vez que se produce a violencia o agresor trata de recuperar a relación, prometendolle que non o vai a facer nunca mais e chorando. Este ciclo repítese no tempo, so que en adiante se suprime a fase de lúa de mel, agravándose a violencia que soe desembocar na morte da parella.
Abordouse tamén un debate sobre si é fácil ou difícil sair dese círculo. Desmontouse o prexuizo sobre si a muller busca esa situación. Os rapaces tiveron que poñerse no lugar dunha muller maltratada para entender que si o control ao longo de moitos anos, acabou coa súa vida social, o seu illamento, a súa dependencia extrema do home en todos os aspectos, esto fai imposible prácticamente afrontar a situación.
Abordamos tamén o tema das actitudes sexistas nos medios de comunicación. Como as empresas collen patrones de belleza que nin siquera existen ou a través de photoshop crean imaxes que nin siquera se corresponden coa figura feminina. Vimos como se distorsionaba un rostro retocando a lonxitude do cuello, os angulos da cara…
No que se refire ao amor romántico, analizouse esa invención tan reciente que distorsiona a percepción da realidade. Había un vídeo no que as protagonistas, sempre acababan xustificando cousas desagradables que ían claramente no seu perxuicio, porque a explicación última que se daba era: se o fai e porque te quere. Esto enlaza coa idea romántica de que o amor implica sufrimento. Déronlle a volta a situación e acababan dicindo: si o fai e porque non te quere.
Outros mitos do amor romántico son: o amor todo o pode (falacia de cambio por amor, o amor o perdona todo). O amor verdadeiro predestinado (mito da complementariedade e da perdurabilidade. O amor como entrega total (mito da despersonalización, a renuncia a propia intimidade…) e o amor como posesión y exclusividad (mito da felicidade so a través do matrimonio…
O tema das actitudes sexistas tamén se abordou a través dun video, no que se trata o tema do piropo. Resultaba simpático ao principio, pero despois de velo e analizalo, daba moito que pensar.
Foi moi impactante tamén o tema da explotación sexual feminina. Nun video que fixeron en Lugo proxectaron a unha muller nun escaparate ao estilo dos burdeis europeos. Esa imaxen que nun principio pode inducir a búsqueda de pracer, vai transformándose cando a modelo que está dentro do escaparate saca carteis que falan de escravitude, explotación, cadeas, dor… Impactaba ver como era a reacción nos rostros dos espectadores que pasaban dun sorriso a unha cara de preocupación.
Para finalizar os alumnos fixeron co seu teléfono móvil, un video onde lle dan unha solución positiva a algún das cuestións plantexadas que poderían aparecer na súa vida. Aprenderonnos a empregar determinadas aplicacións para realizar os vídeos e páxinas onde podemos descargar bandas sonoras para o mesmo.
Estes vídeos que mandaron os nosos alumnos competirán con outros socios do proxecto: Cabo Verde, Brasil, Italia, Rumanía…
Están colgados na páxina do proxecto e agora hai que apoialos a través do voto.
Na ligazón onde podemos votar dando a “gústame” é: http://www.facebook.com/pages/Concurso-YO_Espa%C3%B1a/6542398006111?fref=ts

José Ramón Leiva

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...