Alumnos dos Ciclos Formativos do IES Perdouro participaron no pasado xoves 12 de novembro nunha xornada de sensibilización sobre autoemprego promovida pola Fundación Cel –Iniciativas por Lugo en colaboración coa Diputación Provincial.
O obxectivo principal deste obradoiro foi o de “facer ver que o traballo por conta propia é unha saída profesional máis á que poden optar os estudantes de FP ao acabar o periodo formativo, fomentando principalmente o espírito emprendedor entre a comunidade educativa e dando unha visión cercana e atractiva”. Transmitirlles que nesta aventura do emprendemento, non están sos, e que entidades como a Fundación Cel podrán apoiar a posta en marcha dun proxecto, así como ofrecer un espacio físico e asesoramento para a súa consolidación empresarial.
Por outra parte, o grupo de alumnos puideron visitar as instalacións da CEL e ver o funcionamento do viveiro de empresas, así como interactuar cos novos empresarios.
Sem comentários:
Enviar um comentário