Á reestruturación cognitiva imos chamarlle de forma máis coloquial “volver a pensar”.
Para volver a pensar, ou pensar mellor, primeiro e necesario descubrir os erros de pensamento que temos, o que se chaman distorsións cognitivas.
As distorsións máis habituais son:
1️⃣ Filtro mental: ver só o negativo
2️⃣ Etiquetación: pasar do fixo ao é.
3️⃣ Xeneralización: o uso de termos como sempre, nunca, xamais, imposible…
4️⃣ Catastrofismo: anticipar o peor; “seguro que…”, “ e se…”.
5️⃣ Lectura mental: supoñer o que o outro pensa ou porque fai o que fai.
6️⃣ Dramatización: usar adxectivos desmedidos: terrible, fatal, horrible…
7️⃣ “Comer marróns”: “todo é por culpa miña”.
8️⃣ “Lavar as mans”: “eu non fun”.
9️⃣ Uso do “debería”: converter un desexo en obriga.
Agora que xa coñeces as distorsións de pensamento podes facer a seguinte actividade:
- Colle unha folla de papel
- Pensa nunha situación que che xera malestar
- Anota os pensamentos que aparecen nesa situación
- Anota as emocións que sentes debido a eses pensamentos
- Examina cada un dos pensamentos anotando o tipo de distorsión/s que conteñen.
- Elabora e escribe novos pensamentos libres de distorsións, máis adaptativos, que substitúan os anteriores.
- Anota as emocións que sentes cos novos pensamentos
Lembra que “volver a pensar” pode ser a chave para sentirte mellor.
Sem comentários:
Enviar um comentário