É unha ferramenta que se artella en catro cuadrantes.
1️⃣ A área pública: inclúe todo o que coñecemos nós mesmos e que os demais tamén coñecen; o que comunicamos dunha forma aberta: experiencias, emocións, pensamentos, etc..
2️⃣ A área cega: inclúe o que descoñecemos de nós pero que os demais coñecen. Esta parte descubrímola grazas aos comentarios das persoas/amigos de confianza. Ás veces non vemos cousas de nós, pero se dúas ou tres persoas están dacordo nalgún rasgo da nosa personalidade, é probable que algo de verdade teñan.
3️⃣ A área oculta: inclúe todo aquilo que coñecemos nosoutros, pero que descoñecen os demais: pensamentos, rasgos de personalidade ou emocións que somos reticentes a amosar públicamente pero que tamén nos definen.
Constrúe a túa ventá de Johari. Podes facelo do seguinte xeito:
- Primeiro, fai unha listaxe de todas as características persoais que ves en ti.
- Segundo, pídelle a 4 ou 5 persoas de confianza que fagan unha listaxe de todas as características persoais que eles ven/identifican en ti.
- Terceiro, completa a túa ventá, poderás facelo do seguinte xeito:
1️⃣ Na área pública inclúe as características persoais que aparecen nas listaxes elaboradas por ti é por as persoas de confianza.
2️⃣ Na área cega inclúe as características persoais que aparecen nas listaxes feitas polas persoas de confianza e que non aparecen na que fixeches ti.
3️⃣ Na área oculta inclúe as características persoais que aparecen na túa listaxe pero non aparecen na que fixeron as outras persoas.
4️⃣ Na área descoñecida irá o resto de rasgos que non encaixen en ningunha das outras categorías (poderán pertencer ou non a este cuadrante).
Anímovos a facer este exercicio que vos dará seguramente máis dunha sorpresa e vos permitirá coñecervos mellor.
Sem comentários:
Enviar um comentário