O luns 8 de maio, ás 18h30 inaugúrase a exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares PLAMBE da Mariña á que pertencemos.
A exposición conta con 16 cadros e dun conto artístico colaborativo, un por cada biblioteca da Microrrede, e
poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8
ao 11 de maio de 2023.
As obras que aí se presentan transpasan as paredes da sala de exposición. Grazas á linguaxe dos códigos QR, achegan o/a visitante a temáticas dispares traballadas nos proxectos da Microrrede.
O cartel é obra da alumna de 2º de bach de Arte do IES Monte Castelo, Claudia García López que agradecemos por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo.
Accede o programa AQUÍ.
MICRORREDE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA
- EEI SAN ROQUE (Viveiro)
- CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
- CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro)
- CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
- CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
- CEIP O VICEDO
- CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove)
- CEIP PENÍNSULA DA PAZ (San Cibrao)
- CEIP de CERVO (Cervo)
- CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela)
- CEIP Fondo Nois
- CEIP GREGORIO SANZ (Ribadeo)
- IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
- IES VILAR PONTE (Viveiro)
- IES ILLA DE SARÓN (Xove)
- IES MONTE CASTELO (Burela)
- IES PERDOURO (Burela)
- IES ALFOZ-VALADOURO
Sem comentários:
Enviar um comentário